>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

XIII Romaría no Chamoso (O Corgo. Lugo)

(ultima actualizaci�n: 21 / 7 / 16 )





Domingo 31 de xullo
Praia Fluvial Chamoso


Ás 12 dará comezo a feira de Artesanía e Mostra de Oficios Tradicionais xunto con unha Exposición de Maquinaria Agrícola Clásica.
Ao longo da mañá poderedes disfrutar coa musiquiña dos nosos amigos da Asociación Cultural Abrente de As Nogais e por parte de nós, parte da Legua Dereita.

Á partires das 15.30 poderedes disfrutar da música do grupo Os Biouteiros.
MOI IMPORTANTE, A ESTA HORA DARÁ COMEZO A ANIMACIÓN INFANTIL PARA @S NEN@S ASIQUE NON VOS ESQUEZADES DE TRAELOS E TRAERLLES MUDA, PORQUE OS XOGOS SON DE AUGA (tamén é importante traerlles cremiña para o sol).

17.30 Dará comezo a actuación das Escolas da Legua Dereita e a parte de "Escenario Aberto".

18.00 FESTIVAL TRADICIONAL DA LEGUA DEREITA no que poderedes disfrutar dos grupos:
Grupo de Danzas Pan y Guindas (Palencia)
Airiños de San Xulián (Marín)
A Legua Dereita (O Corgo)

20.00 FESTA COS "AIRIÑOS DA FREBA".

21.15 QUEIMADA POPULAR


APROVEITADE, TRAEDE A COMIDIÑA E ACAMPADE TODO O DÍA PARA DISFRUTAR DA MÚSICA NA MELLOR DAS COMPAÑÍAS!!! FESTA RACHADA!


- festivais -
- A Legua Dereita -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal