>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Zona da Zanfona. XII Encontro Internacional. Rianxo

(ultima actualización: 21 / 7 / 16 )





Zona da Zanfona, o festival internacional de zanfona organizado por aCentral Folque chega a súa XII edición e estrea novo calendario (27 a 31 xullo) buscando os cálidos e longos días de verán para animar as rúas de Rianxo e ofrecer o punto de encontro e espazo de intercambio musical para as zanfonistas do país.


Na súa programación inclúense ofertas variadas e complementarias que van desde o público de veciñas e veciños de Rianxo e a comarca de Arousa e de Barbanza até o máis especializado sobre o instrumento de toda Galicia.


Animación de rúa, concertos , baile, xuntanza das escolas galegas e cursos para iniciados e experimentados tocadores conforman un programa ambicioso e variado para todos os públicos. Referentes no instrumento en Galiza coma os consagrados Anxo Pintos e Óscar Fernández, verdadeiros pedagogos das novas xeracións de tocadores no país mais tamén os novos talentos de Obal (Iván Costa e Jaime Rebollo) ou a versión máis cantabile co dúo Sobre Rodas (Luís O Caruncho e Carlos do Viso) conforman unha visión rica e variada que amosa a boa saúde coa que este instrumento tan carismático goza na Galiza.


Logo de once anos, os Encontros Internacionais coa Zanfona seguen a estender os límites conceptuais deste “sintetizador medieval” e conviven a través do instrumento en diferentes estilos da nosa música popular. Son significativas todas as figuras de renome internacional que teñen pasado por este encontro situando a Galicia no epicentro mundial do instrumento e que marca un presente magnífico para un porvir donde a memoria do instrumento vai gañando cada vez máis espazo desde o rexurdir dos anos 70. aCentral Folque é plataforma activa que aposta e pon e conexión a profesionais, alunado e luthiers conseguindo desde o 2000 unha renovación esencial para o instrumento.


Zona da Zanfona ten acubillado os máis sobresaíntes creadores da novas tendencias para o instrumento: Valentín Clastrier, Gilles Chabenat, Gregory Jolivet, Marc Egea, Isabelle Pignol, Tobie Miller , Adrià Grandia, Germán Díaz … ou os luthieres e investigadores Jaime Rebollo, Xulio Gª Bilbao, Luciano Pérez, Pablo Cid, César Loureiro,…


Consolidado en Rianxo, ubicación de excepción para a cultura do país está a vangarda na programación musical para a zanfona, instrumento carismático que segue a sorprender e dando que falar logo de mil anos de Historia.




Zona da Zanfona. 12 Encontro Internacional. Rianxo. 27-30 xullo 2016


PROGRAMA


Mércores 27 xullo. Mercadiño Praza Castelao. 12 h



  • Dúo Sobre Rodas. Concerto ambulante.


Venres 29 xullo. Praza Rafael Dieste. 22.30h



  • Os Cempés. Baile 100%


Sábado 30 xullo. Praza Rafael Dieste. 22.30h



  • Anxo Pintos + Obal. Concerto e baile


Domingo 31 xullo. Praza Rafael Dieste. 12 h



  • Palco aberto. Xuntanza de escolas de zanfona de Galiza


*Todas as actividades son de balde


Cursos de zanfona. Auditorio de Rianxo


Óscar Fernández. Curso iniciación. 5 €. Venres 29. 16-20h


Anxo Pintos. Curso perfeccionamento. 30 €. Sábado 30. 10-14h e 16h – 19h


+ info e inscrición para cursos: info@folque.com / www.folque.com


Info para os cursos de zanfona:
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal