>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Baile Assalto no Toural (Compostela)
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 21 / 7 / 16 )





Venres 22 de xullo a partires das 12:30h

Dentro das festas do Apóstolo de Compostela 2016 e do programa Artellando, aCentral Folque organiza un día especial adicado á danza con música ao vivo e feito nunha das prazas máis emblemáticas da cidade, o Toural. Será un Baile Assalto pola noite precedido de tres obradoiros para todos os públicos.


12.30 h- Obradoiro de bailes agarrados con Montse Rivera. Música ao vivo: Ariel Ninas (Compostela)

17 h- Obradoiro de bailes europeos con Matias Tradballs. Música ao vivo: Fulano&Beltrano (Lisboa)

19 h- Obradoiro de danzas de roda con Suso Cancelas e Asociación A Monteira Danzas do Mundo (Vigo)


21 h- Baile Assalto con Fulano, Beltrano e Sicrano (Portugal)


O Baile Assalto son lugares de encontro para danzar coa mellor música ao vivo os bailes europeos, americanos e galegos de moda. Para esta xornada contaremos con tres obradoiros de iniciación durante o día con músicos en palco e pola noite un concerto coa banda lisboeta “Fulano, Beltrano e Sicrano” con Matias Tradballs, especialistas en animar a danzar. Porque o baile é é música, cultura e identidade mais tamén é exercicio, terapia e catarse colectiva nun movemento que nos últimos trinta anos está a espallarse por toda Europa.


O Baile Assalto toman o nome dos bailes que se organizaban e moitas vilas de Galicia a comezos do século XX que foron medrando en concurrencia especialmente durante o chuvioso inverno. aCentral Folque organiza estes Bailes regularmente durante todo o inverno en Santiago de Compostela.
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal