>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

XVII Romaría Galega na Pontraga - Tordoia

(ultima actualización: 8 / 7 / 16 )





Sábado 09 de xullo
A Pontraga , Numide - Tordoia
Xa están en marcha os preparativos para a gran romaría do vrao na Pontraga, unha festa sen ighual!
Será ben recibida toda a xente que queira arrimarse, xantar, ver unha miagha de folclore do noso, tomar un vermú, parmar, xoghar...e como non bailar, tocar, cantar, beber, comer.

Este sábado 9 de xullo teremos parranda dende primeira hora:

pola mañanciña...Banda de Gaitas e Grupo Infantil Brisas do Quenllo
Sesión Vermú coa Cuadrilla do Pan Quente e Gaiteirxs

tamén haberá... un Xantar Popular!!

XVII Encontro de Música e Baile Tradicional cos grupos:

A.C. Brisas do Quenllo da Pontraga, Tordoia
Pousos da Area de Marín
Os Santiaguiños de Boimorto
Airiños de San Simón
Novxs Bailadorxs da Pontraga

LUDOTECA BRINCALHONA e ZANFONISTAS DA PONTRAGA...
MÚSICA A TUTIPLÉN!!!

tamén teremos a MIGALLAS TEATRO!!

e...MÚSICA NA NOITE PRA BAILAR E DESFRUTAR CON:

Charanga de Xacarandaina
Bouba
Tocadorxs da Pontraga

nós xa imos estar ali!! esperámosvos!

Saúdos e...festa a nosa!

*Para máis info neste correo: brisasdoquenllo@gmail.com


- festivais -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal