>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

O Fiadeiro inaugura nova sede social
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 22 / 12 / 08 )





Durante a xornada do sábado 27 de decembro os grupos de música e
baile tradicional da A.F.C. O Fiadeiro inundarán as rúas do Calvario
para celebrar con toda a cidadanía a inauguración do seu novo local
neste barrio. Os espectáculos darán paso ao acto de inauguración da
nova sede social, no nº3 da rúa Jesús Fernández.

Os espectáculos comezarán ás 11.00 e prolongaranse ata as 13.30
horas; pola tarde as músicas e bailes volverán ao Calvario a partir das
17.00 horas e ata as 20.00 horas, momento en que todos os grupos
desfilarán cara ao novo local da rúa Jesús Fernández para proceder ao
acto de inauguración oficial. Un acto que a asociación quere compartir
con toda a cidadanía e no que haberá música, baile e pinchos para os
asistentes.

Serán máis de 50 artistas quenes durante a mañá e tarde do sábado
se boten á rúa para compartir cos viandantes as diferentes expresións
tradicionais que a asociación cultiva desde hai máis de 10 anos. Non
faltará ningún dos grupos titulares da asociación. Charanga, os
grupos de baile tradicional galego, o conxunto de pandeireteiras e
grupo de pandeireteiros de O Fiadeiro repartiranse para actuar polas
distintas zonas da rúa peonil para que sons e bailes cheguen a todos
os recunchos deste barrio vigués.

O cambio de local vén motivado pola necesidade de dispoñer dun
espazo máis amplo e mellor acondicionado no que levar a cabo as
numerosas actividades que desenvolve a escola e os ensaios dos
grupos titulares. Trátase dun baixo mellor situado que o anterior da
rúa Pombal xa que se atopa nun lugar máis céntrico e accesible, a
carón mesmo da zona peonil do Calvario.


- O Fiadeiro -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal