>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Concerto `Espontáneo´ do Cuarteto Caramuxo en Vigo, o 29 de Nadal
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 22 / 12 / 08 )



Concerto Espontáneo o Luns 29, porque nos peta

Ola a Todos os seguidores do Cuarteto Caramuxo.

Si o vindeiro Luns 29 de Decembro andades por Vigo perdendo o tempo e non chove....

O Cuarteto Caramuxo vai dar un Concerto absolutamente espontáneo e imprevisible só porque nos peta.

Dende os nosos comezos sempro nos gustou tocar na rúa de cando en vez , por puro pracer e para que a xente pasa un rato agradable.

Se non chove, sobre as 19:00 h e na Praza da Constitución sen molestar a ninguén, artellaremos un concerto co repertorio que vai formar do CD que estamos a piques de gravar patrocinado pola Fundación Barrié como parte do premio do Concurso Folc Cancioneiros no que resultamos gañadores no pasado mes de Marzo.

Tentaremos sorprenderos con algunha colaboración dos noso amigos Mónica de Nut , Avelino González e vai ti saber que mais.

Bic@s para tod@s e Bo Nadal e Mellor 2009 de parte do Cuarteto Caramuxo














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal