>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Festival Costa dos Castros (Oia)

(ultima actualizaci�n: 17 / 6 / 16 )





17, 18 e 19 de xuño
Concello de Oia


O Festival Costa dos Castros de folk e patrimonio histórico, nace como resultado do interese pola visibilización e divulgación do patrimonio cultural existente en concreto no Concello de Oia e en xeral en todo o País.

Por elo, non é un festival musical sen máis, senón que tamén permite a promoción e coñecemento da contorna oiense, así como outras cuestións relacionadas có patrimonio histórico,en especial a cultura castrexa, o desenvolvemento sostible, a artesanía, a diversidade social, a cultura tradicional galega, etc. Todo dende unha perspectiva cooperativista e comunitaria.

Cantos de taberna, concertos ao vivo, foliadas, obradoiros e mostras, mercadiño, andainas, visitas guiadas, charlas, xogos populares, etc. Un conxunto de actividades que pretenden ofrecer unha programación de calidade, variada e para todo tipo de público, pensado para o desfrute da xente local así como para novos visitantes do lugar.

Este proxecto supón a colaboración do Concello de Oia coa Asociación Minho Reggae, así como tamén as diferentes Comunidades de Montes, asociacións folclóricas e sociais e empresas e hostalería da zona.

Venres 17
Cantos de taberna e Foliada

Sábado 18
Quempallou, Zurrumalla, Laroá, Böj

Domingo 19
Feira de Artesanía e visita guiada ao Castro da Cabeciña
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal