>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

X Festival Alternativo Millo Verde (Redondela)

(ultima actualización: 7 / 6 / 16 )





9, 10 e 11 de Xuño
Chan das Pipas - Saxamonde - Redondela


Xa van 10 anos e que mellor maneira que celebralo cunha oferta musical e de actividades sen precedentes. Durante o fin de semana do 9, 10 e 11 de Xuño celebraremos no lugar idílico de Chan das Pipas unha fin de semana de encontro cultural onde, dende os máis cativos ós máis maiores, poderán disfrutar do festival na súa máxima expresión.

3 noites de concertos con grupos galegos, nacionais e internacionais ademáis de concertos de día con grupos da vila e alrededores, actividades deportivas como o fútbol 3x3, o basket 3x3 ou o eskalabirras, e actividades creativas como a jam graffiti e artistas de rúa, amenizados de fondo con ritmos marcados por diferentes DJ's. Tamén se contará cun mercadillo de postos de artesanía onde poderedes encontrar cousas moi interesantes, así como achegaros ós postos de comida que se facilitarán no propio recinto.
Todo este menú servirase nun paraxe 100% natural no que poderedes desconectar do resto do mundo...

En definitiva...festa e máis festa accesible a tod@s xa que o festival é TOTALMENTE GRATUITO! Asi que consumide nos postos do festival para que isto siga sendo posible.

Aupa Millo Verde!


Xoves 9 de xuño
-Zibabu
-The Marveltons
-Fame Negra

Venres 10 de xuño
-Vinila von Bismark
-Chotokoeu
-Maison du Malheur
-Pan de Capazo

Sábado 11 de xuño
-The Soul Breakers
-The Trouper´s Swing Band
-Gypsy Sound System Orkestra
-The Anomalys















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal