>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Xuño '16 nas Crechas (Compostela)

(ultima actualización: 1 / 6 / 16 )





Mércores 1 e 8 22.30h 1€
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

Xoves 2 21h 5€
BEGOÑA RIOBÓ E XOSÉ LIZ
Begoña Riobó é, actualmente, a violinista con maior proxección no panorama musical galego. Cunha destacada traxectoria artística, na que formou parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo ou Sondeseu, presétase como a primeira violinista folk galega en liderar o seu propio proxecto.

Sábado 11 21h 4€
SEGUE-ME À CAPELA “San Joanices, Paganices e Outras Coisas de Mulher”
SEGUE-ME À CAPELA é un colectivo de sete mulleres que traballa a música tradicional portuguesa nunha perspectiva contemporánea, usando a voz como principal instrumento. A percusión e alguns elementos escénicos reforzan os climas xerados a partir do canto. O grupo existe hai 15 anos, realizou inúmeros concertos en Portugal e no estranxeiro, colaborou con varios artistas, designadamente en discos e concertos, tendo editado o seu primeiro CD no ano de 2004, en edición de autor e no final de 2015 um cd/libro.

Mércores 15 22.30h 1€
FOLIADA CON DO FONDO DO PETO

Venres 17 21h 5€
SECHO Y LOS INVISIBLES
"Secho y los invisibles é unha conxunción de rock, de pop, de blues, pero sobre todo de moito sentimento. A banda comeza a súa andadura en 2009 da man de Sergio Castiñeiras. En 2016 consolidanse coa formación actual e publican o seu primeiro disco "Xa fai un tempo" (Discos da máquina), unha mestura de modernidade e tradición, de rock e folc, de asfalto e terra... co que pretenden chegar á esencia das cousas e acadar un rato de complicidade coa xente .

Martes 21 21h 5€
LAR LEGIDO & SURPRISES (concerto especial Día Internacional da Música)
Non sabemos que fará, non sabemos con quen virá, nin sabemos o que soará, pero seguro que, como de costume, LAR LEGIDO nos vai sorprender coas súas “surprises”. Só prometemos unha noite moi especial para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA MÚSICA.

Mércores 29 21h 5€ (RGMV)
2M LAR LEGIDO & PABLO SAX
2M …16. Músiconautas libres que crean e improvisan en base a unha realidade cotiá, máis alá de parámetros habituais de estilo ou clasificación. Empezaron na primaveira do 2003, colaborando ao longo deste tempo con proxectos de danza (Beatriz Fuentes), poesía (Ramón Blanco) ou cinema (A pedra do lobo de Alberte Pagán) entre outros.
Neste 2016, publicarán un cd (Biglosa), dun directo gravado en Ourense.
Pablo Sax: saxofón alto, soprano + electrónica
LAR Legido: batería, xoguetes, obxetos sonoros


Sábado 30 21h 5€ (10€ con disco)
MÉNAGE À TROIS “MIGAJAS”
Este traballo serve de antesala ao que será o seu próximo disco; e foi gravado nos estudos Fase4 de Xixón, da man do productor Carlos Stro, coñecido polos seus traballos con Loquillo ou Nacho Veigas, entre outros. A través dos catro temas que conforman este EP, podemos entrever a forza
e enerxía dun estilo propio, ao que os Ménage á Trois bautizaron como “SwingRock". Nesta nova etapa, ao trío formado polo violinista Kakus Campos; o percusionista Xiñor Kobiñas; e o guitarrista H de Lemos; únense dous músicos de primeiro nivel: Raquel Huete, ao baixo; e Brais Rolán, á batería.

Domingos 5, 12, 19 e 26 21h 3€
DOMINGOS DE JAZZ CON SUMRRÁ
O trío de jazz galego máis internacional retoma a residencia dominical na súa casa, A Casa das Crechas. Durante os domingos de Abril, SUMRRÁ repasará as músicas máis representativas dos seus 5 álbumes. 15 anos que levan SUMRRÁ traballando de xeito continuado e ininterrumpido, converténdoos nun referente do Jazz feito na Península. O directo máis sólido e contundente ao alcance da túa man.
Manuel Gutiérrez, piano
Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo
LAR Legido, batería














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- Crechas -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal