>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Ultimo Baile Assalto no Pichel (Compostela) - Especial Acordeón

(ultima actualización: 13 / 5 / 16 )





Venres 13 de maio

Rematan os Bailes Assalto da tempada 2015/16 cun especial sobre acordeón diatónico. O vindeiro venres 13 de maio dentro da festa do 17 que se celebra o 14 que organiza a Gentalha do Pichel. Aproveitando a data presentaremos o libro “Método de acordeón diatónico” escrito por Pedro Branco e editado por Através a partir das 20 h na Gentalha do Pichel. A seguir o Baile Assalto con Pedro Branco e para rematar un palco aberto a todas as acordeonistas do país que queiran partillar as súas músicas.

Para a presentación do libro, primeiro método escrito na Galiza, contaremos coa presenza do autor, Pedor Branco, o representante da editora José Ramom Pichel e o autor do prólogo Ramom Pinheiro.

Programa:

20 h – Presentación do libro “Método de acordeón diatónico”
22 h – Baile Assalto con Pedro Branco
23.30 h – Palco Aberto para acordeonistas
A entrada ao Baile é de 5 € (4 € para soci@s da Gentalha e alunado da EMPA). A entrada é de balde para os músicos do palco aberto.

Pedro Branco é un dos músicos pioneiros na recuperación do diatónico na Galiza. Mestre na zona de Vigo , deu diversas asociacións e na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional na Universidade Popular de Vigo. Tomou cursos de acordeón con músicos sinalados coma Kepa Junquera, Loïc Troel, Xuan Nel Espósito, Joseba Tapia… enfocándose na música tradicional galega, minhota, bretoa irlandesa e occitana. Introduciu o acordeón diatónico no grupo de divulgación folclórica GAitas de Xistra e nos grupos Foucellas, Gaiteiros Fozóns, Tanto nos Ten ou Projecto GZ e fundou os grupos Xans e Contradança.

















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- gentalha -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal