>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Xardin Desordenado en Biblioteca Neira Vilas (Vigo)

(ultima actualización: 13 / 5 / 16 )





Xoves 19 de maio
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Con motivo da designación de Manuel María como autor do día dás Letras, Xardín Desordenado confeccionou un programa de cancións compostas con textos do poeta, seleccionando mostras das variadas “intencións” do autor. A súa orixe rural e o amor pola casa paterna. A súa paixón, activa pola defensa da lingua. O seu “preventiva” relación coa tecnoloxía ou coas autoridades. A súa sutil concepción do amor. A súa peculiar relación co Outono.
Xardín Desordenado completa o programa con poemas de poetas amigos de Manuel María, que aportan unha mirada diferente sobre ás mesmas realidades: Pepe Cáccamo, Darío Xohán Cabana, Carmen Kruckemberg, Miguel Anxo Fernán Vello…
En “Manuel María entre amigos” Xardín Desordenado foi fiel ás súas formulacións habituais. Composicións en Swing, Blues, Bossa Nova, Bolero… interpretados coa cálida sonoridad de guitarras con cordas de Nylon e percusións minimalistas. As voces achéganas Marlene Rodrigues, unha cantante que provén do fado, e Santiago Ferragud que provén do Ritm and blues.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal