>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Maio nas Crechas (Compostela)

(ultima actualización: 13 / 5 / 16 )





Xoves 12 21h 3€
VIRANDEIRA FOLK
Virandeira Folk prosegue adiante na súa andadura polo panorama musical galego coa presentación dun novo disco, Metamorfose, unha proposta musical viva, fresca, moderna e singular. A banda viguesa acadou unha gran recepción por parte da crítica en 2012 cO seu debut discográfico, Sons do Atlántico. Virandeira é unha banda de folk fusión que aposta pola mestura de xéneros, estilos e sons. Unha visión da música que foxe do contemporizador na procura do ecléctico, filosofía que é aceno de identidade do grupo e que xorde directamente da variedade de influencias musicais dos seus propios compoñentes: folk, rock, jazz, clásico… Virandeira Folk son: Chema Alonso (gaita), David Oitabén (frautas), André Taboada (violín), Roberto González (guitarras), David Casal (baixo) e Alex García (batería).

Venres 13 21h 4€
NO ES PAÍS PARA COÑOS
Este espectáculo teatral trata, desde a comedia e a crítica satírica, preocupacións femininas con respecto á saúde sexual, o embarazo, o aborto e as relacións amorosas. Pretende empoderar ás mulleres e facelas conscientes da súa sexualidade, os seus dereitos e mellorar a súa independencia emocional. Precisamente por isto, visibiliza aos eternos (eternas) actores (actrices) secundarios (secundarias) no mundo da cultura: as mulleres. Buscan achegar o feminismo a homes e mulleres de todas as idades, e sacalo do plano teórico ou do mal chamado “feminazismo”, utilizando situacións cotiás e unha boa dose de sentido de humor. Show creado e composto integramente por mulleres. Teatro feminista en clave de humor.

Martes 17 21h
CATA DE LIBROS E VIÑOS GALEGOS - DÍA DAS LETRAS
Entrada de balde previa reserva (reservascrechas@gmail.com). En colaboración co espazo enocultural Vide Vide.

Xoves 19 21h 5€
ROBERTO SOBRADO GRUPO
A voltas aínda co Atlas de anatomía, a banda reformúlase cun xiro máis roqueiro e minimalista. Dous músicos novos que imprimen o seu carácter na sección rítmica e dous clásicos á fronte. Ademais de repasar o seu particular Atlas, estrearán 4 cancións que farán parte do próximo disco da banda e haberá un fin de festa con versións, cando menos, curiosas. Roberto Sobrado cumpre 20 anos facendo cancións e conta xa con 4 discos de estudo, aos que une agora “Atlas de anatomía”.

Sábado 21 21h 5€
JESUÍNO TRÍO
Natural de Salvador, Bahia, e radicado en São Paulo desde 2002, Marcelo Jesuíno é un dos nomes máis activos da música instrumental brasileira. O guitarrista actúa como músico, produtor, director musical e director artístico. Ten participado do International Association of Schools of Jazz Meeting e do Jazz Summer Course ambos na University of Louisville School of Music Kentucky – EUA.

Xoves 26 21h 5€ (RGMV)
XARDÍN DESORDENADO
Fai algúns invernos, uns músicos de Vigo decidiron percorrer librerías e bibliotecas, á busca de poemas que converter en cancións. Logo, reuníanse nunha bufarda de Tirán, onde compartían os poemas elexidos e as súas experiencias musicais. Todos transitaran polo Jazz, aínda que chegados deSde diversas procedencias. Para o proxecto, ao que chamaron Xardín Desordenado, elIxiron unha sonoridade acústica e íntima e, respectando as mensaxes e os climas dos poetas, converteron os textos en swing, blues, bolero, bossa nova… O segundo traballo de Xardín Desordenado titúlase “Aprendendo a ladrar” (Sul 2015) e está dedicado exclusivamente a mulleres. Desde a máis veterana Rosalía até a benxamina Lucía Aldao, os textos das 17 poetas reflicten a evolución (non só poética) da muller nas últimas décadas; unha aventura histórica que se narra neste traballo discográfico e nos concertos que o presentarán ao público.

Sábado 28 20h (de balde, na terraza)
DO FONDO DO PETO
Unha formacion de música tradicional que cun repertorio instrumental e vocal galego. Baseado nos coros historicos, e nos grandes intérpretes da nosa terra.

Mércores 11, 18 e 25 22.30h 1€
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

Domingo 29 21h 3€
DOMINGOS DE JAZZ CON SUMRRÁ
O trío de jazz galego máis internacional retoma a residencia dominical na súa casa, A Casa das Crechas. Durante os domingos de Abril, SUMRRÁ repasará as músicas máis representativas dos seus 5 álbumes. 15 anos que levan SUMRRÁ traballando de xeito continuado e ininterrumpido, converténdoos nun referente do Jazz feito na Península. O directo máis sólido e contundente ao alcance da túa man.Manuel Gutiérrez, piano
Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo
LAR Legido, batería














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- Crechas -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal