>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

XVI Concurso de baile tradicional galego Azaloira (Bandeira - Silleda)
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 28 / 4 / 16 )





O concurso de baile tradicional galego Azaloira, que vén organizando dende hai xa 16 anos o grupo Fortín da Pomba, volta á Bandeira o vindeiro domingo día 8 de maio.

O certame apostará, ao igual que o pasado ano, pola canteira das agrupacións galegas, con dúas categorías no concurso, que reunirá a un total de 17 agrupacións de diversos puntos de Galicia.

Así, na categoría A, (de 8 a 12 anos), participan Os Remuíños (da AC Mar de Arousa, de Bamio, Vilagarcía); dous grupos de Cantigas e Agarimos, de Santiago; Seixebra, de Moraña; Agrupación Folclórica Colexiata do Sar, de Santiago; Zarzullo e Pillabáns, ámbolos dous pertencentes á Asociación Xacarandaina de A Coruña; o grupo Ultreia de Santiago, A Telleira do C.C. A Ponte Vella de Teo; e o grupo B da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras.

A categoría B, (de 12 a 16 anos), reunirá no concurso a outras seis agrupacións. Así concursarán a Asociación Cultural Mar de Arousa de Bamio; O Muíño da Retorta e Tras do Eo, ambas do Centro Cultural A Ponte Vella de Teo; Nove Ferreñas da Ambt Vai de Roda de Rianxo; o grupo da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras, e o grupo B da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos de Santiago.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal