>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Foliada dos venres en Couso

(ultima actualización: 22 / 4 / 16 )





O próximo Venres 29 de abril acompañarannos en Couso uns artistazas, que saben facer moi boa música para o baile e para pasalo moi moi ben!
- Vai de Roda (Rianxo)
- Pandereteiras de Tahume (Ribeira)
- Tanto Nos Ten (Redondela)
Empezaremos sobre as 22:30 da noite (Máis ou menos, non somos moi puntuais) e remataremos seghuramente a altas horas da madrughada! Despois de que os ghrupos convidados rematen o Torreiro/escenario quedará libre para tocar quen queira!
Ven con ganas de pasalo ben, con ganas de brincar e bailar, de beber e de disfrutar! Para a xente que non lle vai tanto a juerga, e desexe estar mais en repouso, cabe destacar que nesta foliada estrearemos unha zona de repouso, moi boa para tomar uns gintonics en repouso!
Recordade que se chove para non é ningún problema, xa que temos un local climatizado polo lume da lareira e a recén arreghlada Estufa Catalítica!
Vémonos en Couso!














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal