>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

XII Foliada de Melide
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 21 / 4 / 16 )





22, 23 e 24 de abril. Melide, A Coruña


VENRES 22 DE ABRIL

Casa da Cultura a partir das 22h.

- Estrea da curtametraxe "O tesouro da ferreña", unha producción en exclusiva para a Foliada
de Melide
- Actuación de Cantata Vernácula.


SÁBADO 23 DE ABRIL

MOSTRA DE ARTESANÍA E INSTRUMENTOS
Abrirá as súas portas a partir das 11h e permanecerá instalada na Praza do Convento durante
toda a fin de semana. Reunirá a artesáns de todo o país repartidos en vinte postos que abarcan
dende instrumentos de percusión, gaitas ou zanfonas ata confección de traxes tradicionais,
talla de madeira, pedra ou coiro.

CANTOS DE TABERNA
Este ano celébrase a oitava edición. Os grupos participantes son:
1. Chanqueiros da Gaita Escola (Mondoñedo)
2. Alén do Mar (Bergondo)
3. Os Trapeiros (Melide)
4. Os Sons da Mina (Vila de Cruces)
5. Cantos Bohebrios (Sarria)
6. Os do Pilón (Arzúa)
7. A Fonte de Merlán (Palas de Rei)
8. Muxiqueiros (Melide)
9. Vaiche Boa (Visantoña - Santiso)
10. Fiadeira (Antas de Ulla)
11. Airiños Galegos (Santurtzi)
12. Reviravolta (O Pino)
13. Sobreiras do Ulla (Touro)
14. Viute o Demo (Sada)
15. Rondalla Moraima (Arzúa)
16. Os Sobraos (Bergondo)
17. Doces Lembranzas (Barakaldo)
18. @s Pantoxos (A Coruña)
19. Os Corenta e Chinco Boys (A Pobra do Brollón)

ANIMACIÓN DE RÚA
A Rexouba (A Coruña)
Os Treboeiros da Muimenta
Asoc. Cultural Faltriqueira de Muros

OBRADOIRO DE BAILE TRADICIONAL
"Entra no baile a bailar..." é o nome do obradoiro que Carme Campo e Chus Caramés se
encargarán de impartir e que está dirixido a todo o público, enfocado a ser totalmente
participativo coa intención de contar con nenos e maiores interesados en aprender recursos
de baile tradicional.
O obradoiro levarase a cabo a partir das 18h na Praza do Convento

MARCHA GAITEIRA
As sete da tarde. Participarán quince agrupacións musicais que se repartirán por diferentes
rúas e prazas.

SERÁN
1. Herba Grileira (Melide)
2. Pozo pequeno (Melide)
3. O Bingo Birón (Toques)
4. O ´Bringuelo (Arzúa)
5. Gaiteiros do Balado (Toques)
6. A Maristela (Sobrado dos Monxes)
7. Fiadeira (Antas de Ulla)
8. Fol da Chousa (Visantoña - Santiso)
9. Falcatrueiros (Monterroso)
10. A Rexouba (A Coruña)
11. Airiños Galegos Doce Albor (Santurtzi)
12. Froito Novo (Melide)
13. Castro Curbín (Arzúa)
14. Doces Lembranzas (Barakaldo)
15. Palacio do Rei (Palas de Rei)

CONCERTOS
Como remate do Serán, a partir das doce da noite actuarán Os D´abaixo e Falperrys


DOMINGO 24 DE ABRIL
Nesta xornada as actividades da mañá desenvolveranse na súa maior parte na Praza do
Convento onde a Mostra de artesanía e instrumentos será o principal atractivo.

ANIMACIÓN DE RÚA
Durante toda a fin de semana a animación polas rúas estará conducida por diferentes grupos
musicais que acompañarán a xigantes e cabezudos.

PRESENTACIÓN DO LIBRO "O GAITEIRO DE SAN XUSTO. O SON DA ULLOA"
Do gaiteiro da Ulloa Bruno . Coa actuación do grupo Tango en Xaneiro e colaboradoras.
Á s 12h na Capela de Santo Antón

SESIÓN VERMÚ
Ás 14h o grupo Leirabuxo será o encargado da Sesión Vermú na Praza das Ichoas

PROGRAMACIÓN INFANTIL
Espectáculo "Zona de Obras" de Brais das Hortas ás 17h na Capela de Santo Antón.
Entrega dos premios do concurso "Xente Cativa", un concurso de debuxo dirixido
aos nenos e nenas dos colexios da comarca da Terra de Melide.
A partir das 18h na Praza do Pozo Pequeno a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
realizará un obradoiro de Xogos Populares dirixido a todos os públicos.

MOSTRA DE BAILE TRADICIONAL
Nesta edición actuará a Escola de música e baile tradicional O´Bringuelo de Arzúa.

CONCERTO
Actuación na Praza das Coles ás 20h de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, acompañados por Gutier Álvarez na zanfoña e violino, e Javier Álvarez co
acordeón diatónico.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal