>> Iniciar Sesión  




+     

 


 



Malandrómena en Pontevedra

(ultima actualización: 4 / 4 / 16 )



Sábado 09 de abril ás 20:30h no Liceo Mutante (Rosalía de Castro nº 100)

Malandrómeda mandan. Nin East Coast nin West Coast. Gangs líricas de Conxo. Smokin' cuncas de Vista Alegre. Ghetto Blaster ao lombo todo por Galeras. Hip Hop galego que fai pensar no universo, no futuro e no pasado. Para vós, no Liceo, de Galiza Para O Mundo. Noite de Luar na Ría de Pontevedra. Ouveando e suando en chándales ben guapos.

Véñennos presentar "Os corenta e oito nomes do inimigo" e "Cada can que lamba o seu carallo" e todo o que lles pete. Eles son a lei.

https://matapadre.bandcamp.com/album/cada-can-que-lamba-o-seu-carallo
https://matapadre.bandcamp.com/album/os-corenta-e-oito-nomes-do-inimigo

https://www.youtube.com/watch?v=T1Bw7el0xAI

Se non queres vir á festa, non veñas. Máis sitio para que bailemos os demais. Se vés, 5 paviños para eles e unha noite inolvidable para ti. E nós que o vexamos














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal