>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Concurso De Xoves Gaiteiros E Xornadas De Musica Tradicional (O Grove)

(ultima actualización: 1 / 4 / 16 )






Os próximos 9 e 10 de abril a Concellería de Xuventude do Concello do Grove, dirixida por Pilar Galiñanes, en colaboración coa Asociación Cultural Cantodorxo, está a organizar as IV XORNADAS DE MUSICA TRADICIONAL e o IV CONCURSO DE XOVES GAITEIROS SOLISTAS CONCELLO DE O GROVE que se vai celebrar na Casa de Cultura Manuel Lueiro Rey.

Xornadas
Concretamente, o sabado día 9 de abril celebranse as Xornadas de Música tradicional, con obradoiros de ARRANXO E MONTAXE DE TEMAS PARA FORMATO DE GAITAS E PERCUDIÓN GALEGAS en horarios de 10:30 a 14 horas pola mañá e de 16 a 20 horas pola tarde, e que son totalmente gratuitos. Este obradoiro está dirixido por Suso Vaamonde, gaiteiro con gran traxectoria no mundo da música tradicional galega.
Estas xornadas/obradoiro son abertas ó público xeral, previa inscrición, ainda que se dará preferencia á mocidade de ente os 14 e os 35 anos.

Concurso
O concurso celebrase o domingo 10 en xornada de maña e tarde e vai dirixido a xoves gaiteiros nados entre os anos 1992 e 2002.
Pola mañá os concursantes teñen que interpretar durante un máximo de tres minutos unha peza obrigatoria todos eles as 11:30 horas na Casa da Cultura Manuel Lueiro. A peza obrigatoria escollida para a xornada da mañá e a Xota de Montrove.
Xa pola tarde, a partires das 18:00 horas, os concursantes, neste turno vestidos con vestiario galego tradicional, interpretaran unha peza tradicional de libre elección. O remate os compoñentes do xurado, que son tres mestres de recoñecido prestixio, decidirán que serán os gañadores dos premios que hai no concurso que son:

1º premio de 500€
2º premio de 300€
3º premio de 150€
Premio ao mellor acompañamento de 150€

Tanto para o concurso como para o obradoiro podense consultar e descargar as bases e as follas de inscripción na páxina web do concello do grove www.concellodogrove.es e na da Asociación Cultural Cantodorxo www.cantodorxo.es














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal