>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Abril 2016 nas Crechas (Compostela)

(ultima actualización: 1 / 4 / 16 )





Sábado 2 21h 5€
KLEBER ALBUQUERQUE
Kleber Albuquerque ten máis de 300 cancións - varias delas gravadas por importantes intérpretes da música brasileira. Traballa en colaboración con compositores de primeira liña da moderna trova de seu país, como Zeca Baleiro, Dante Ozzetti e Fred Martins, recibindo importantes premios no Brasil, en especial por súas cancións compostas para teatro. Na súa primeira xira pola Europa, o cantante e compositor brasileiro mostra cancións de seu novo show "Psicoaudiocardiograma", no cal presenta un panorama musical de súa carreira.

Domingos 3, 10, 17 e 24 20h 3€
DOMINGOS DE JAZZ CON SUMRRÁ
O trío de jazz galego máis internacional retoma a residencia dominical na súa casa, A Casa das Crechas. Durante os domingos de Abril, SUMRRÁ repasará as músicas máis representativas dos seus 5 álbumes. 15 anos que levan SUMRRÁ traballando de xeito continuado e ininterrumpido, converténdoos nun referente do Jazz feito na Península. O directo máis sólido e contundente ao alcance da túa man.
Sumrrá son: Manuel Gutiérrez, piano; Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo; e LAR Legido, batería.

Martes 5 21h
CATA DE LIBROS E VIÑOS GALEGOS
Entrada de balde previa reserva (reservascrechas@gmail.com). En colaboración co espazo enocultural Vide Vide.


Xoves 7 ás 21h 5€
COANHADEIRA
Concerto presentación de ‘Bicos con luvas’.
Nalgúns lugares da Galiza, as coanhadeiras eran aquelas mulleres (ou tamén a vasoira empregada) responsables de varrer os restos do cereal logo das duras xornadas da malla. Con esta idea xorde Coanhadeira no ano 2006, unha banda de música folque que amosa aqueles “restos” musicais conservados até os nosos días a través da tradición oral da cultura galega. Grazas á beleza das melodías tradicionais e aos seus directos cargados de forza, esta banda acadou numerosos galardóns e camiñou sobre moitos dos principais escenarios folque do sur de Europa, como o Festival de Pardiñas, A Carballeira de Zas, o Festival Intercéltico de Ortigueira, Sauga Folk (Colindres – Cantabria), Trobada de Buners (Andorra) ou o Festival Interceltique de Lorient (Francia).


Mércores 6, 13, 20 e 27 22.30h 1€
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS


Xoves 21 21h 6€
LEO MINAX + CONVIDADOS
Este artista brasileiro presenta o seu último traballo, ‘Lo que no estaba escrito’, o sétimo publicado en España por este músico inquedo que ten colaborado con moitos artistas ao longo da súa carreira. Presentará as súas cancións en formato acústico (voz e guitarra), tal e como foron concebidas. Subirán ao escenario con el Fred Martins e Narf.

Xoves 28 21h 5€
NAHUEL (Carlos Porcel de Peralta)
Cantor, guitarrista e compositor, nado en Cañada de Gomez, Sta. Fe, radicado en México, é autor de Será posible el sur (Con poesía de Jorge Boccanera), Y la milonga lo sabe (Nahuel) y Pájaro de rodillas (Letra de Zitarrosa), grabadas por Mercedes Sosa e Lilia Vera de Venezuela. Integrou o cuarteto de guitarras de Don Alfredo Zitarrosa durante o seu exilio en México, con quen percorreu Cuba, Mexico, Venezuela, Ecuador… Compartiu escenario e grabacións con Cecilia Todd, Carlos y Luis Enrique Mejía Godoy, Amparo Ochoa, Tania Libertad, Eugenia León, Oscar Chávez, Armando Manzanero, etc. Ten varios traballos editados en CDs, con temas propios e poesía musicalizada (Neruda, J.L.Ortiz, Boccanera, Fonseca…)
Participou na xira de Mercedes Sosa como convidado en México, asi como no Festival de Cosquin, España, Los Angeles, EEUU, Costa Rica, Cuba, Ecuador, Chile, Nicaragua, El Salvador, Seúl (Corea)…














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- Crechas -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal