>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Obradoiro de técnica de base, afinación e repertorio en aberto e pechado
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 1 / 4 / 16 )





A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteiros Galegos na cidade de Lugo, achegarase o sábado 2 de abril en horario de 11:00 a 14:00 horas a Ribadeo para impartir un obradoiro de Técnica de base, afinación e repertorio en aberto e pechado da gaita, guiado polo músico e mestre da Tradescola Jose Manuel López (Josele).

Neste obradoiro @s asistentes traballarán aspectos da técnica básica de gaita, respiración, tempero e afinación, dixitación, ornamentación e repertorio en aberto e pechado.

¡Aberto prazo de inscrición!

A inscripción é gratuíta e as prazas son limitadas (asignaránse por rigurosa orde de matrícula). Poden anotarse tod@s @s gaiteir@s que o desexen chamando ao teléfono 982 229 966, enviando un correo a tradescola@gaiteirosgalegos.gal ou mesmo achegandose ata a Tradescola, na rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal