
Domingo 03 de abril Ordes, A Coruña A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s (AGG) quere convidarte ao XXI Xantar Gaiteiro. Terá lugar en Ordes, o Domingo, 3 de Abril.
Programa do día: 11:45 horas. Homenaxe a Manuel Viqueira Vieites na Casa da Cultura de Ordes (Rúa General Mola, 25). 13:00 horas. Roteiro polos bares. 14:30 horas. Xantar Gaiteiro no Restaurante o Túnel (N-550, fronte á Alameda).
Esta xuntanza fará que pasemos un día agradable na compaña dos que gustamos da música e do baile tradicional. Achegádevos e convidade aos vos@s amig@s a pasar un xantar cheo de música, baile e moita festa!!!
Non pode faltar ninguén!! Ademais convidámosvos a que traiades os vosos instrumentos para compartir a vosa música antes e despois do xantar.
Para asistir ao XXI Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en contacto connosco antes do día 29 de Marzo indicando, se é o caso, o nome das persoas que te acompañarán.
DATA XANTAR: 3 Abril 2016 - 14.30 horas LUGAR : Restaurante o Túnel (N-550, fronte á Alameda) MENÚ : Lacón con grelos, cocido, filloas, pan, viño, refrescos e chupito PREZO :O prezo é de 20 euros por persoa que serán entregados ao entrar.
Agardamos a túa participación!!!!!
INFORMACIÓN E RESERVAS: M: secretaria@gaiteirosgalegos.gal T: 986 847 074 -- 982 229 966
|