>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Lagharteiras na Rede de Músicas Soltas de Redondela
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 17 / 3 / 16 )





Sábado 19 de marzo

17 horas,. Aula maxistral e parola acompañadas de Carlos Álvarez na Sociedade Cultural do Viso
21 horas. Concerto no Multiusos da Xunqueira


Para o mes de marzo, a Rede de Músicas Soltas de Redondela pesca no caladoiro achegado de Mos a estas novas pandereteiras, Lagharteiras que presentan o seu primeiro disco homónimo, unha escolma de cantos, regueifas, xotas, muiñeiras e mazurcas con diversos toques de pandeireta recollidos da tradicional oral galega.



Creado no ano 2007, o principal obxectivo do grupo Lagharteiras é o de compilar, conservar e divulgar as músicas, cantos, instrumentos e vestiario tradicional galego. No ano 2010, constituíuse como Asociación Cultural Folclórica “As Lagharteiras”, radicada no concello de Mos, aínda que con cantantes tamén de Vigo e Redondela. O 1 de xaneiro de 2015 editaron Lagharteiras, que é o seu primerio álbum musical e foi gravado entre xullo e decembro de 2013.

Lagharteiras son con voz e pandeireta: Sara Abalde Cela, Tamara Costas Caamaño, María García Santomé, Marta Martínez Valladares, Leticia Rodríguez Pais, Patricia Sobreira Tomé, Belén Tievo Docampo, Laura Vila Martínez, Uxía Diz Méndez e Carlos Álvarez Gómez (director)

Máis de vinte galardóns en concursos abalan a súa traxectoria no mundo da música tradicional como a súa laboura de recolleita e conservación do patrimonio musical galego.




- aCentral Folque -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal