>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Sonido Vegetal + Chotokoeu no Aturuxo Bar (Bueu)

(ultima actualización: 12 / 3 / 16 )





Domingo 03 de abril
Aturuxo Bar (Bueu)

O septeto granadino Sonido Vegetal chegan a Galicia con 'Verbena Calavera' (Sony Music), o seu esperado regreso discográfico, co que se reinventan a si mesmos, indo máis aló da etiqueta 'Gypsy Punk' coa que se deron a coñecer. O novo álbum incorpora elementos autóctonos de encaste sureño e mediterráneo ao seu efervescente bebedizo de punk-rock xitano.
Para 'Verbena Calavera' volveron a contar coa produción de Martin Glover 'Youth' (Killing Joke, Marylin Manson, U2, Pink Floyd, The Verve, Dido).

Con 8 anos de vida e máis de 400 concertos en 11 países, Chotokoeu segue coa presentación do seu novo álbum 'Saír a Voar', gravado en Francia. Coa potencia e alegría tan características da banda, non podes perder o espectáculo no que malgastan toda a súa enerxía.

Pon calzado cómodo, avisa aos colegas e déixate levar, pois a 'Verbena Calavera' de Sonido Vegetal xa está aquí con Chotokoeu para 'Sair a Voar'.

http://www.sonidovegetal.com
http://www.chotokoeu.com


- Chotokoeu -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- aturuxobar -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal