Volta o Venrespirar, arrincamos o vindeiro Venres 26 de Febreiro no Liceo de Ourense a partir das 22:00h, preparade os sapatinhos, instrumentos e voces, ..., Vinde gastar pista con nós.
Este venres, nas músicas: Irmáns Castro e acompañantes. "Os Lubicáns" Carapaus No tramo final, despois do sorteo da CESTA, aberto a persoas ou grupos que queirades tocar, simplesmente deberedes comunicalo ás persoas da organización para establecer unha rolda de quendas. Baile e boa música aseguradas e mellor ambiente, vinde ghastar pista!!!
As seguintes foliadas serán o terceiro venres de cada mes.