>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Concierto de “bOnOvO” na Fnac, un proxecto nacido das inquedanzas de 3 músicos
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 16 / 12 / 08 )





Un novo son é a base desta formación que funde tres instrumentos e
personalidades propias nunha simbiose musical imprevisíble.

Tres músicos galegos: Oscar Fernández, Roberto Grandal e Pulpiño
Viascón, com traxectorias musicais moi dispares (“Os Cempés”,
“Diplomáticos de Monte Alto”, “Budiño”, “Susana Seivane”) confluiron
nun innovador proxecto de zanfonas, acordeóns e percusións
electrónicas que véu a luz no 2007 e que se plasmou nun disco que
foi presentado na Fnac.

A fusión das músicas que levan no seu interior conforma este trío,
lixeiramente asíncrono. “bOnOvO” comeza con esta gravación o
camiño na busca dun son que non entende de etiquetas, co afán de
romper as barreiras do establecido e que ten como principio
fundamental a fusión de tres instrumentos e personalidades propias,
nunha simbiose musical imprevisible. O proxectyo agora gravado
presentárase para Galicia no verán de 2007 no escenario do Festival
do mundo celta de Ortigueira, e a través de Abada para o resto do
mundo na feira internacional WOMEX en Sevilla.

O grupo destaca como un proxecto innovador no tocante ao
tratamento dos instrumentos, ao uso e adaptación do cancioneiro
popular incluso a través de melodías do século XV, aínda que o
repertorio ofrece unha maioría de composicións propias. A esencia
acústica da zanfona ou do acordeón, mesturados con batería
electrónica, e nos concertos efectos e instrumentos virtuais,
proporciona as ferramentas ao trío para interpretar en rigoroso directo
todos os elementos que compoñen o son de “bOnOvO”. O disco que
leva o seu propio Nome saiu ao mercado en maio de 2008 e
representa fielmente o traballo da banda en directo: Fresco, elegante,
enerxético e contundente.

Oscar Fernández toca a zanfona, instrumento de fonda raigame
galega que nas súas mans adquire novas dimensións. Nos seus
comezos familiarizouse con instrumentos como a frauta, a guitarra ou
o acordeón.

A partir da creación do grupo “Os Cempés”, destacou como compositor
sendo o artífice das composicións e arranxos nos cinco traballos
discográficos que editou a banda ao longo dos dez últimos anos,
sendo hoxe en día unha das bandas galegas máis representativas e
carismáticas.

Durante a súa andaina musical, colaborou ademais con outros artistas
como “Chouteira”, “Xochilmica”, Uxía Senlle, “O Jarbanzo Negro” ou
Doa. Destacou o traballo discográfico realizado xunto con Germán Díaz
e Marc Egea sobre á interpretación actual da zanfona en España. Na
actualidade imparte clases de zanfona en diferentes escolas onde non
só ensina a interpretar música tradicional e outras músicas coa
zanfona, tamén explora todas as capacidades e avances técnicos que
existen ao redor de este instrumento.

Roberto Grandal, que cursou estudos de solfexo, harmonía, Historia
da música e canto no Conservatorio da Coruña e estudos de acordeón
no Conservatorio Superior de Música de Barcelona, toca o cordeón
considerado un dos instrumentos máis completos pola variedade de
timbres e tesituras que posúe, así como polas capacidades como
ferramenta de acompañamento. Nas súas mans e coa axuda dun
ordenador, o acordeón transfórmase nunha versión electrificada de si
mesmo, engadindo liñas de baixo, sintetizadores e efectos
interpretados en directo, sen deixar de lado o son acústico e cálido do
acordeón.

Empregando a batería electrónica, Pulpiño Viascón dispón dunha
paleta de sons e efectos que selecciona para cada tema de
“bOnOvO”, engadindo sons electrónicos clásicos ou de vangarda, cun
estilo enérxico e persoal que imprime carácter a un instrumento
electrónico. Además de haber trabaxado como clown en diferentes
circos europeos, é a voz, o serrón musical e o autor de "In the
Ocean", un tema a xeito de hit que quere pechar cun sorriso o CD e o
Directo de “bOnOvO”.


- Grupo Doa -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal