>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Xoan Curiel na Casa das Atochas o 19 de Nadal

(ultima actualización: 16 / 12 / 08 )





LSO_Casa das Atochas, rúa Atocha Alta 14, Corunha

Ás 22.00h concerto de Xoan Curiel, no que presentará o seu disco Nai.
Entrada: 2 euros
Nai é o primeiro álbum de Xoán Curiel. Nel comparten espazo as súas
letras e músicas cunha marcada influencia dos ritmos étnicos do
mundo, así como as poesías de Antía Otero e Gisneide Nunes, as
voces de Uxía Senlle e Jara Ortiz.

Tras anos de experiencia tocando en Galicia, Italia (Livorno),
Barcelona, Alicante, Valencia e Madrid, no ano 2007 actúa por toda
Galicia dentro do ciclo “Música ao Vivo 2007” e por Portugal no ciclo
“Outonalidades´07”.
Agora no 2008, despois da presentación de Nai no Teatro Principal en
Compostela, Xoán viaxou a Sevilla para presentar alí o seu disco.

Continua agora a súa xira por Galicia neste inverno (Cariño, Carral,
Padrón, Lugo…) e no 2009 viaxará a Madrid, Euskal Herria, Portugal e
Brasil (Fortaleça e Salvador de Bahía) para dar a coñecer o seu
traballo.

Este artista que canta no seu espectáculo á figura da nai e á Terra
presenta nesta ocasión o seu traballo nun formato máis íntimo como
solista (guitarra e voz).

Máis información:

http://www.xoancuriel.com
http://www.myspace.com/xoancuriel















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal