>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Xornal :'Solaina' é o novo libro-CD do grupo 'Na Virada'
Fonte / M�is informaci�n



Da man da Asociación Cultural Alexandre Bóveda preséntase mañá mércores ás 20:30 horas, no salón de actos da Aula de Cultura de Caixa Galicia e con entrada gratuita, o segundo CD do grupo musical “Na virada”. Este segundo traballo do grupo galego titulado “Solaina”, esta editado en formato libro-CD, destacando o traballo do escultor Pérez Porto, que colaboro una ilustración do libro con ceramicas a modo de ilustracións.

(martes 26 de diciembre de 2006)

XORNAL I A Coruña.- Ese lugar especial e agarimoso da casa ou do eirado onde aquece o sol e a xente se aqueloutra para compartir afectos e ledicias, onde unha persoa se arrecuncha cos seus sentimentos máis íntimos, onde paga a pena a contemplación demorada do abrente ou onde as crianzas se abeiran cos seus xogos e brincadeiras. E festa na solaina coa música de NA VIRADA. “Solaina” é o novo traballo discográfico-editorial do grupo Na Virada, que contén doce temas musicais inspirados en letras populares e de autores galegos, portugueses e brasileiros. Pensado para todos os públicos, non só o infantil, destaca o carácter lúdico das composicións. No prólogo do libro, Pilar García Negro alude ao concepto de ‘fusión inter-artística’ para describir este traballo no que se mesturan a música, as cantigas e as fermosas pezas cerámicas cheas de colorido, luminosidade e simetría coas que Pérez Porto ilustra o libro.

Cómpre salientar tamén o traballo colectivo da banda en aspectos como os arranxos e maila harmonización, logrando o que Salvador Rodríguez califica no epílogo como ‘maxia’ atribuible aos míticos ‘meniñeiros, que fan sorrir aos nenos pequenos’. Colectivo e multicultural tamén pola participación heteroxénea de artistas como Marcos Valcárcel (Cuba), Renato Spencer e Serginho Salas (Brasil), Samuel Yaô (Costa de Marfil), Virxilio da Silva (SOS Trío), Jorge Beltrán (Siniestro Total), Antonio López “Castillo” (Acuña Jazz), Paco Chapela (Café Cachaça), Xosé M. Fernández (ex-Muxicas) e músicos de Xistra de Coruxo, entre outros.

O libro está salpicado de galeguidade e lirismo, con poemas dos escritores galegos Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas, que lle cantan á paisaxe e á emigración; Xosé Lois García, Francisco X. Peña e Xosé Vázquez Pintor, que nos seus versos evocan a fantasía e a tradición. A vertente portuguesa vén da man do poeta Fernando Pessoa e do músico José Mário Branco, con cantigas sobre a infancia e a liberdade. A influencia brasileira débese á versión que Na Virada realiza dunha cantiga popular de roda.

FRANCISCO PÉREZ PORTO Barallobre (Fene), 1938.- Traballou en Astano como técnico ata que comezou a dedicarse á cerámica. Colaborou con Sargadelos no deseño e realización de diferentes pezas cerámicas e dirixindo o Curso Internacional de Verán nas Cerámicas do Castro. Realizou diversos monumentos, entre eles os dedicados a Castelao (Museo Carlos Maside), Rafael Dieste (Rianxo), á emigración (Ortigueira), ao pallaso (Fene), á pardela (Castelo de Santa Cruz) e a Alexandre Böveda (A Coruña). Exposicións feitas en diversas localidades de Galicia, Portugal e Francia, nomeadamente a través da rede de Galerías Sargadelos. Actualmente dirixe a Escola Municipal de Cerámica de Ferrol e traballa no monumento á música que se instalará na cidade ferrolá.

NA VIRADA.- María Xosé López (voz, zanfona, gaita, trécolas, bombo, pandeiro...), José Pumar (voz, frauta traveseira, acordeón, gaita...), Alexandre Ríos (piano), Humberto “Heredia” (guitarra acústica), Xico de Cariño (harmónicas, salterio, chocalho, caxixi, cabaça...). Iniciaron a súa andaina en Cangas do Morrazo, “na virada do século”. O que comezou sendo un colectivo cultural coa participación de músicos, musicólogos e artesáns musicais, artistas plásticos e persoeiros vencellados ao asociacionismo cultural galego. O resultado dese traballo foi o disco titulado “Rolada das cantigas”, editado en 2002, no que musicaron textos de Rosalía de Castro, Neira Vilas, Manuel María, Uxío Novoneyra ou José Afonso, entre outros. O seu repertorio contén música creativa de autor, música tradicional galega e música popular lusófona.

---

www.navirada.org














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal