>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Xaneiro '16 nas Crechas (Compostela): Davide Salvado, Machado, Fred Martins e Nani García

(ultima actualización: 6 / 1 / 16 )





Martes 12 21h
CATA DE LIBROS E VIÑOS GALEGOS
Entrada de balde previa reserva (reservascrechas@gmail.com)

Xoves 14 21h 6€ (RGMV)
DAVIDE SALVADO
Davide Salvado é sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida percorrendo as aldeas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que se foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, senón todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais e o respecto pola terra, fan do xeito de entender o canto para Davide moito máis que simplemente música.Davide xira agora presentando LOBOS, o seu novo disco en solitario, producido por Pedro Pascual (Talabarte, Marful) e no que se ve arroupado por músicos do tamaño de Santi Cribeiro (arranxista de moitos dos temas), Xavi Lozano (Coetus), Quim Farinha (Berrogüetto), Miguel Hiroshi ou LAR Legido (Sumrrá), entre outros.

Sábado 23 ás 21h 5€ (GPS)
MACHADO SEXTETO
MACHADO e o seu primeiro traballo discográfico propio: ‘Vivencias’, un proxecto de cubanía refrescante, con ritmática cubana de todos os tempos, pero que se enmarcaría en ‘smooth jazz’, un proxecto musical en que está presente o Latin jazz, aires flamencos, sons árabes. Este é o seu momento de madurez persoal, artística e creativa, e é por iso que agora decide liderar un proxecto con temas propios na súa maioría. Unha traxectoria profesional intachable percorrendo escenarios do mundo con multitude de artistas, permítelle incorporar diferentes culturas. A súa personalidade, o seu sorriso permanente, a súa profesionalidade, a súa seriedade, e a sonoridad da trompeta e do fiscornio nas súas mans converteron a este trompetista cubano-madrileño, en imprescindible nos mellores directos ou estudos de gravación.

Martes 26 22h 5€
FRED MARTINS
Gañador do último Premio Visa de Música Brasileira por unanimidade dO xurado e voto popular, o cantante e compositor Fred Martins é autor dun repertorio variado e moi relacionado co a artesanía da canción brasileira contemporánea. Cambinando fluidEz e densidade estética súas composicións diaLogaN coa samba, o nordeste modal de Brasil e elementos de blues e rock. Neste show o artista presenta, en voz e guitarra, cancións marcantes na súa carreira alén de temas clásicos, creando un guión onde a fronteira entre canción e poesía se desfai. As súas músicas xa foron gravadas/cantadas por intérpretes como Ney Matogrosso, Zélia Duncan, Adriana Calcanhoto, Renato Braz, Maria Rita, MPB4, José Miguel Wisnik, entre outros.

Mércores 27 23h 1€
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

Xoves 28 21h 7€ (RGMV)
NANI GARCÍA TRÍO
Nani García volve á primeira liña da escena musical contemporánea recuperando o seu emblemático trío de jazz, un proxecto co que xa nos anos 80 conseguiu anovar o panorama jazzístico galego. Con novos músicos e repertorio, pero mantendo a formación de piano, contrabaixo e batería, Nani García vai máis aló dos estándares e da creatividade esporádica propios do jazz convencional para apostar por unha estética integral e contemporánea, que afonda tanto no son das pezas como na execución instrumental.
O repertorio de Nani García Trío é unha mestura de antigos temas, retallos de bandas sonoras e outras composicións de Nani reformuladas en clave de jazz, así como pezas totalmente novas. Todo coa sinatura inconfundible do propio Nani, unha das figuras máis destacadas da música galega e española, como compositor, intérprete, arranxista e produtor de todo tipo de formatos e xéneros contemporáneos e de vangarda.
Ademais do piano de Nani, o trío complétase co contrabaixo de Simón García e a batería de Miguel Cabana, dous mestres nos seus respectivos instrumentos recoñecidos a nivel internacional.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- Crechas -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal