>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

TRADESCOLA - Monográfico sobre os Cantos de Nadal
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 12 / 12 / 08 )





A TRADESCOLA, escola de música tradicional xestionada pola
Asociación de Gaiteiros Galegos, que recentemente abriu as súas
portas en Lugo, dedica o seu primeiro monográfico sobre música
tradicional aos Cantos de Nadal. Esta xornada terá lugar a mañá do
sábado 20 de Decembro no salón de actos do Centro Residencial
Xuvenil Lug II, (Rúa Pintor Corredoira Nº 4 – Lugo) a partires das
11.00 h.

Os Cantares de Nadal, Cantares de Aninovo e os Cantares de Reis,
foron a desculpa perfecta para faceren unha noite de alegría, de
acompañamento, de ilusión, para moitos dos galegos e galegas que
tiveron a súa vida no rural. Para realizar esta xornada, na que se
amosarán os distintos cantares e tradicións do Nadal en Galiza,
contaremos coa presenza de Mini e Mero, que estarán acompañados
polo gaiteiro Raúl Galego.

Xosé Luis Rivas Cruz e Baldomero Iglesias Dobarrio son os nomes de
pía de Mini e Mero, lucenses da Terra Chá, dabondo coñecidos no eido
da música galega. Son mestres no rural, cofundadores de “Fuxan os
Ventos”, fundadores de “A Quenlla”, musicólogos, intérpretes, autores
de libros como “Contos de Vellos para nenos”, “Somos Lenda Viva”,
etc. Ademais diso atoparon tempo para a recolla de música tradicional
e da sabedoría popular da xente do rural. Ou como din eles “Non só
para recollela, coidala e conservala, senón tamén para transmitila,
espallala e devolvérllela ao pobo”.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal