>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

X Festival Internacional Rebulir (Ramirás - Ourense)

(ultima actualización: 17 / 12 / 15 )





A Asociación Cultural Rebulir coa colaboración do Concello de Ramirás e a Deputación de Ourense e grazas ao patrocinio da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a Televisión de Galicia, Seat Celanova Motor, Castañam, Grupo Caldaria e Cafetería América organiza entre os días 18 e 20 de Decembro de 2015 a Décima Edición do FIR (Festival Internacional Rebulir).





Este evento co seu epicentro en Ramirás, pero con actividades paralelas en Celanova e Ourense, volverá a traer nestas datas previas ao nadal a diferentes colectivos que mostrarán o mellor das súa cultura utilizando o baile e música, e tamén, como en pasadas edicións, mediante a gastronomía e a imaxe. Sendo o Décimo aniversario a organización tentará que os mellores colectivos (galegos, estatais e internacionais) que nesta década pasaron polo festival volvan a deleitar aos espectadores ao igual que o fixeron no seu día.

A GALA CENTRAL terá lugar o Sábado 19, as 19:00 h. cando os colectivos chegarán ao Polideportivo de O Picouto (Concello de Ramirás), sendo recibidos polo grupo anfitrión e as diferentes autoridades presentes. Neste gala internacional preténdese mostrar o mellor da cultura tradicional de cada unha das comunidades/países visitantes. Neste edición, contaremos cos colectivos de:

- Rebulir (Ramirás)
- Etnográfico Vila Praia de Áncora (Portugal)
- Candaira (Castrelo do Val)
- AFM Villa y Condau de Noreña (Asturias)
- Gaztedi Dantzari Taldea (Euskadi)
- Danses i Cançons de Castalla (Com. Valenciana)
- Nativos de Macondo (Colombia)

Colaboran:

- Hector Braga (Asturias)
- Álvaro Álvarez (Asturias)

Premios Rebulir 2015:

- Kepa Junkera
- María do Ceo

Presenta e dinamiza a Gala:
- Rubén Riós


Esta será unha edición con moitas máis actividades, e onde se tentará volver sorprender o público que participe das diferentes citas programadas, con especial fincapé na Gala central do FIR o sábado 19 no Polideportivo do Picouto, que virá cargada de momentos que ben seguro ficarán na memoria dos presentes.

A web www.festivalrebulir.com e as redes sociais facebook e twitter servirán como soporte para que nestes dous meses restantes á celebración do festival se poidan coñecer todas as particularidades desta cita ineludible do almanaque festivo da comarca celanovesa e, como non, da provincia de Ourense.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal