>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Folida co Sáhara - As Mil e Unha Noite - Cuntis

(ultima actualizaci�n: 6 / 12 / 15 )





Artistas e grupos colaboran de balde achegando a súa música e espectáculos para unha noite especial.

“As Mil e Unha Noites” celebrarase o sábado día 12 de decembro e terá lugar nunha carpa que será instalada na praza da Constitución, coñecida popularmente como A Feira.

O pobo cuntiense pon en marcha a iniciativa solidaria “As Mil e Unha Noites”, unha foliada por todo o alto destinada a recadar fondos para o Sáhara. Este evento é un novo formato que recolle e continúa o traballo levado adiante nas tres edicións da “Cea-baile solidaria polo Sáhara”, celebradas na vila do Baño ata o ano 2014.

Moitas daquelas persoas que traballaron naqueles anos forman parte da organización desta xornada, súmanse as asociacións Río Gallo, O Fervedoiro, O Meigallo, O Portavezal e a Escola Artística de Cuntis.
Así mesmo, colaboran as seguintes entidades: Concello de Cuntis, Deputación de Pontevedra, Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e Cáritas da parroquia. Tampouco faltarán á cita comercios e establecementos da vila do Baño, que sempre aportan o seu grao de area nesta causa.

“As Mil e Unha Noites” celebrarase o sábado día 12 de decembro e terá lugar nunha carpa que será instalada na praza da Constitución, coñecida popularmente como A Feira. Polo seu esceario pasarán os seguintes grupos e artistas: Paula Rey (Luar Na Lubre), Cibrán Seixo e Gom de Abadín, Habelas Hainas, Mini e Mero, Café de Pota, Hai que Roelo, Chinguilipé, Agrupación de Música e Baile de Cuntis, Os Farreiros e Maianas. Tamén contaremos con Teatro Clown grazas a “Os sete magnísficos máis un”, da man de Fran Rei e Pedro Brandariz.
Artistas e grupos colaboran de balde achegando a súa música e espectáculos para unha noite especial.

Dentro do recinto tamén haberá petiscos para todas e todos, jaima, té e henna, exposición fotográfica e unha chocolatada con bica para o fin de festa.
Cáritas contará cun espazo para recoller alimentos que serán destinados ás persoas as que presta axuda no noso concello.
Coa finalidade de recadar fondos fixouse un prezo para as entradas ó recinto que será de 5 euros para adultos e 2 para menores. A cantidade acadada farase chegar a través da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal