>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Actuación da agrupación O Fiadeiro en Rianxo

(ultima actualización: 4 / 12 / 15 )







A agrupación O Fiadeiro actuará o próximo venres 04 de decembro no auditorio de Rianxo co motivo do Ciclo Danza 3 promovido pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Día: Venres 4 de decembro de 2015
Hora: 21.30
Lugar: Auditorio de Rianxo
Prezo: 5,00 euros

O Fiadeiro representará a VIII Edición “ESTA NOITE HAI UNHA FÍA” – NAS CATRO ESQUINAS
Neste espectáculo póñense de manifesto as diferenzas e similitudes nas festas populares ao longo dos catro puntos cardinais da xeografía galega. Máis de cincuenta persoas con vestiarios distintos, todos eles tradicionais, compoñen unha amálgama de música e baile, recuperados nas diferentes comarcas galegas.
O despacho de billetes estará aberto ao público o mesmo día da realización do evento en horario de 19.00 a 21.30.
A reserva de entradas pode facerse por correo electrónico en ofiadeiro@ofiadeiro.com ou no 629 585 355.
Así mesmo, infórmase de que as reservas só terán como prazo de validez ata as 20.30 horas do día no que se realizará o espectáculo. As reservas que non se retiren neste horario pasarán a ser liberadas pola organización para a súa posta a disposición do público asistente.

Máis información: http://novasofiadeiro.blogspot.com.es/

DANZA 3
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos, baixo o lema ‘Danza 3’, teñen como obxectivo transmitirlles aos cidadáns a esencia e a riqueza das nosas danzas, así como das músicas que as acompañan e do vestiario co que se poñen en escena. Para elo actuarán en diferentes concellos de toda Galicia durante o 2015.

Patrimonio inmaterial
Cantigas e Agarimos, O Fiadeiro e Xacarandaina veñen colaborando dende hai unha década en distintas entregas de Danza3 co apoio de diferentes administracións públicas. As tres entidades traballan, desde a súa fundación, coa música e o baile tradicionais como materias primas a partir das que constrúen experiencias visuais e sonoras para o público actual, contribuíndo desde xeito á divulgación dunha parte esencial da cultura de Galicia e do seu patrimonio inmaterial.

Neste sentido e unidas como colectivo baixo as siglas 'XOC', son as impulsoras da proposta para lle solicitar á Unesco a declaración do baile galego como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.


- -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal