>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

VI Xornadas de baile tradicional en Santiago de Compostela
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 26 / 11 / 15 )





A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza unha nova xornadas para tod@s os amantes do baile tradicional. Será a VI edición das Xornadas de Baile Tradicional, e terán lugar o vindeiro sábado 05 de decembro en Santiago de Compostela.

Estas xornadas, que naceron coa intención de cubrir a demanda existente por parte d@s nos@s asociad@s e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, desenvolveranse no Centro Sociocultural do Castiñeiriño (Virxe de Fátima, 1 – Santiago de Compostela).

Haberá dous obradoiros:

Ás 10.00 horas: Manolo Cobas

"O baile na zona de Tabeirós e o Deza"

Ás 12.00 horas : Xabier Iglesias

"O baile na Chaira"

Prazas limitadas!!!!

As inscricións e reservas de praza poderán facerse a través dos teléfonos 986 847 074 ou 982 229 966 ou enviándo un mail a secretaria@gaiteirosgalegos.gal.

Estas xornadas serán gratuítas para @s soci@s da Asociación de Gaiteiros Galegos e terán un custe de 15€ para non soci@s.

Animádevos a participar!!!














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal