>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Obradoiro de percusión miúda en O Fiadeiro (Vigo)

(ultima actualización: 26 / 11 / 15 )





Sábado, 28 de novembro entre 10:00 y 14:00


O OBRADOIRO

O obradoiro de percusión miúda ten como obxectivo introducir aos alumnos nestes instrumentos, ás veces esquecidos nas aulas de percusión tradicional.

Os contidos programados están estruturados en tres bloques:

- Organoloxía e os instrumentos de percusion miúda (tarrañolas, cunchas e culleres)
- Rudimentos técnicos
- Patróns rítmicos

O obradoiro terá unha orientación principalmente práctica, centrado en adquirir as bases necesarias para poder tocar con eles e dominar aqueles patróns rímticos estándar máis utilizados na música galega.

Non é imprescindible dispoñer de instrumentos propios e se proporcionará material didáctico ao alumnado.

ANXO PARDO

Estudou percusión na Etrad de Vigo e asistiu a diversos cursos con mestres comon Xaquín Xesteira ou Xosé Lois Romero Cajigal.

Na actualidade forma parte de Orquestra Folk Sondeseu e do grupo Malvela cos que ten gravados diversos discos. Tamén ten colaborado noutras gravacións como “Na flor dos meus anos” (Sra. Carmen), Lulavai, Meniños cantores, “De pano sedán”, “Cantos no camiño” e "Rosalía Pequeniña".

Horario do curso: Sábado 28 de novembro de 10.00 a 14.00

Prezo para soci@s: 30.00 euros
Prezo non soci@s: 35.00 euros

Adxuntamos cartaz
Agradecemos máxima difusión
http://www.blogescolaofiadeiro.blogspot.com.es/2015/11/o-obradoiro-o-obradoiro-de-percusion.html

Un saúdo

O Fiadeiro
R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo
36205 Vigo (Pontevedra)
629 585 355 - 986 253 585
www.ofiadeiro.com


- O Fiadeiro -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal