>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

O Son do Sabugueiro - A Pontevella
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 26 / 11 / 15 )





A organización do evento “ O Son do Sabugueiro. Espectáculo de Raiz ” ten o pracer de presentar o novo espectáculo do C.C. A Pontevella de Reis (Teo). Esta mistura de tradición, raíz e forte arume a río realizarase o vindeiro domingo 29 de Novembro, ás 19:30 horas, no local Social do Centro Cultural A Ponte Vella.

A realización deste espectáculo terá un aforo reducido para o público asistente, debido á escasa capacidade coa que conta o local social do Centro Cultural A Ponte Vella. Debido a isto, a organización informa que se establecerá unha reserva de entradas para acudir como público.

A asistencia a este espectáculo terá unha colaboración de tres euros (menores de 10 anos gratuíto). A taquilla estará aberta ó público o mesmo día da realización deste acto en horario de 18:00 ás 19:15 horas, no que se poderá recoller as reservas realizadas online, e se poñerán a venta as entradas sobrantes. A organización informa que pode anular a venta de entradas na taquilla se o aforo do local social se cubre na súa totalidade mediante a reserva estipulada nas normas da realización deste evento.

A reserva de entradas establecerase exclusivamente a través do formulario online da web www.apontevella.es. Dita reserva, só terá validez unha vez que se reciba o correo de confirmación da organización do evento. Así mesmo, infórmase que as reservas só terán como prazo de validez ata as 19:00 horas do día no que se realizará o espectáculo. As reservas que non se retiren neste horario pasarán a ser liberadas pola organización para a súa posta a disposición do público asistente.

“O son do sabugueiro. Espectáculo de Raíz” na súa estrea amosará un novo sendeiro polas nosas raíces de todos os que formamos A Ponte Vella, agradecendo de antemán ó público asistente facilitar o seu desenvolvemento, no máis estricto silencio e sen abandoar a sala durante a súa realización.
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal