>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Virandeira Folk no Cafe Cultural Auriense (Ourense)

(ultima actualización: 20 / 11 / 15 )





Venres 20 de novembro 2015
Hora: 21:30
Billete: 5 €

Virandeira Folk prosegue a súa andaina polo panorama musical galego co seu segundo disco, Metamorfose, unha proposta musical viva, fresca, moderna e singular. A banda viguesa tivo o seu debut discográfico en 2012 con Sons do Atlántico, un álbum que foi presentado no Culturgal daquel ano e que tivo unha gran acollida do público en escenarios como o Auditorio Afundación de Vigo.

Con Metamorfose o grupo evoluciona cara un espectáculo máis xenuino e vital, sen olvidar a expresividade e sensibilidade dos temas cos que a banda deuse a coñecer. Virandeira Folk invita ao público dos seus concertos a sentir durante hora e media a intimidade do Atlántico, a forza das danzas célticas, o exotismo dos seus influxos orientais… en definitiva, a vivir en primeira persoa unha particular viaxe que non poderá esquecer.

Virandeira é unha banda de folk fusión que aposta pola mestura de xéneros, estilos e sons. Unha visión da música que foxe do contemporizador na procura do ecléctico, filosofía que é aceno de identidade do grupo e que xorde directamente da variedade de influencias musicais dos seus propios compoñentes.

Eles son: Chema Alonso (gaita), David Oitabén (frautas), André Taboada (violín), Roberto González (guitarras), David Casal (baixo) e Álex García (batería).















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- auriense -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal