>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Obradoiro de Percusión do Sur de Italia - Vilagarcía de Arousa

(ultima actualización: 20 / 11 / 15 )






A asociación Pésdebarro organiza un Obradoiro de percusión do Sur de Italia para o martes 8 de decembro de 17:00 a 20:00h no Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa.

O Obradoiro Percusión do Sur de Italia será impartido polos membros do grupo folk italiano Brigan
Falarase dos principais tipos de ritmos propios do sur de Italia dende o punto de vista da percusión (tammurriata de Campania, pizzica salentina, tarantella cilentana e siciliana, etc.), comparándoos cos ritmos propios de Galicia.
Aprenderanse de xeito práctico os fundamentos destes ritmos con pandeiretas e pandeiras.

Tras varios anos de viaxes e investigacións, o repertorio de Brigan componse de música tradicional da área céltica (Galiza, Asturias, Bretaña, Irlanda) interpretada a través dunha linguaxe nova que se funde co contexto rural do sur de Italia. Tamurriatas, tarantelas, cantos populares… atópanse e fusiónanse con muiñeiras, carballesas, reels e danzas bretonas.

Actualmente, Brigan componse de tres músicos:
• Francesco di Cristofaro: acordeón, frauta irlandesa, whistle, frauta traveseira, dobre frauta da Campania, gaita galega, voz.
• Danilo Parolisi: guitarra, bouzouki irlandés, mandolina, voz.
• Gabriele Tinto: pandeiretas, tammorra, bodhran, percusión ibérica.
Nesta ocasión, estarán en Vilagarcía de Arousa só dous de eles: Francesco di Cristofaro e Gabriele Tinto.


O prezo de matrícula é de 20 euros para as persoas non socias de Pésdebarro e de 15 euros para as persoas socias de Pésdebarro.
O correo electrónico para inscribirse é pesdebarro@hotmail.com ou no móbil 692646068
As prazas son limitadas, polo tanto canto antes reserves o teu lugar mellor!!.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal