>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Novembro '15 na Casa das Crechas

(ultima actualización: 12 / 11 / 15 )





Xoves 12 ás 23h 8€
RADIO COS
Radio Cos, uns pandeireteiros de fama que fixeron evolucionar a música galega de maneira natural. Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no mundo da investigación etnográfica en Galicia. As melodías utilizadas neste proxecto pertencen aos seus arquivos de gravacións de campo, traballo que levan facendo por toda Galicia desde hai máis de tres décadas. Radio Cos leva xa case nove anos percorrendo escenarios en Bélxica, Inglaterra, Escocia, Bretaña e Galicia, transmitindo o seu modo de entender a nosa música tradicional. A banda confórmana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violín e Xan Pampín no acordeón. Este traballo, concibido con forza e alegría, quere mostrar a invisibilidade que sofren as culturas minorizadas a pesar de estar aí, de rodearnos, de ser verdades manifestamente palpables.[Concerto da RGMV]

Sábado 14 20h 5€
JAMBRINA Y MADRID FOLK
O dúo de música tradicional Alberto Jambrina e Pablo Madrid nace da colaboración profesional destes dous músicos folkloristas desde a década de 1980. Dedicados aos traballos de investigación, difusión e interpretación da música tradicional zamorana, recibiron o respaldo do Ministerio de Cultura en varios dos seus traballos de recompilación a intérpretes de campo de Zamora e en traballos sonoros propios. Formaron parte do Colectivo de Folclore Zamorano; a partir de 1989 están á fronte da Escola de Folclore e do Consorcio de Fomento Musical respectivamente. Interviñeron en grupos de baile tradicional e de folk como: Voces de la Tierra, Bajo Duero, Habas Verdes, Tradinova, y colaborado en grabacións con grupos como La Bazanca, Radio Tarifa, María Salgado, Joaquín Díaz, Vanesa Muela, etc.

Martes 17 21h 10€/13€ (organizado por Placeres Ocultos)
JOSEF VAN WISSEM
Jozef van Wissem é un músico capaz de conxugar sorprendentemente pasado e presente. Unha figura única no panorama musical que foi capaz de reescribir a historia dun instrumento aparentemente esquecido como o laúde e dotalo de nova vida, movéndose con soltura en terreos barrocos ou avant-garde. As súas influencias van do mundo clásico (Bach, Satie...) até a música industrial. E as súas composicións, envolvidas nunha aura mística e espiritual reforzada por títulos tan evocadores como The Mistery of Heaven ou Concerning the Entrance into Eternity, transportan ao oínte a un transo do que resulta difícil desprenderse.[entradas anticipadas a través de Ticketscript]

Xoves 19 21h 5€
CRIATURES (MARÇAL RAMON E IVÓ JORDÀ)
‘Criatures’ é un duo íntimo, onde a gralla e o acordeón trasládanse a un terreo pouco explorado por estes dous instrumentos. Sen perder as orixes, e tocando sempre de pÉ no terreo tradicional, achéganse a novos estilos e a novos ritmos. Un traballo minucioso para poder trasladar a unha contorna concertístico a estes dous instrumentos tan enraizados á festa popular a pé de rúa. Marçal e Ivó colaboran xuntos noutros proxectos e desde hai anos foron facendo pequenas aparicións conxuntamente, así que era cuestión de tempo que nacese "Criatures".

Mércores 25 21h 5€
BARAHÚNDA
Helena de Alfonso (voz e composicións) e Jose Lara Gruñeiro (guitarras e composicións) son dous músicos que dirixen ou proxecto Barahúnda. Este formouse en 1998 en Madrid, cidade da que son orixinarios, coa idea de facer música folk de raíz ibérica, cantigas galego-portuguesas musicadas por eles, jarchas mozárabes, cancións sefardís e composicións propias, todas elas conformadas nun estilo propio sinxelo, orixinal e recoñecible. Non 2010 Helena e mais Jose trasládanse a Galiza e pouco a pouco van fraguándose as cancións que formarán parte de ‘Múdanse os Ventos’, o terceiro traballo deste proxecto. Múdanse os Ventos é un disco eminentemente atlántico, galego, portugués, mariño… É a transcripción dun mundo máxico e salvaxe ao seu xeito de facer música; Pero non obstante non deixa de ser, como os anteriores, unha viaxe polo espazo-tempo.

Xoves 26 21h 6€
CLAUDIO H.
Canción mestiza para recibir con todos os sentidos. Arriscada, divertida, próxima, bailonga e ecléctica fusión de estilos; ritmos afro-latinos, brasileiros, reggae, funk, swing... e sempre o jazz no fondo. Letras feitas desde a poesía do cotián; alegres pero pensando, bailando pero calando fondo. Un colorido universo onde todo pode pasar e nada pasa desapercibido.

Domingos 1, 8, 15, 22 e 29 ás 20h 3€
DOMINGOS DE JAZZ CON SUMRRÁ
O trío de Jazz máis internacional de Compostela retoma a súa residencia dominical na Casa das Crechas. Sumrrá repasará a súa extensa discografía, e convertirá o mítico local Compostelano na factoría onde se testen as novas direccións a seguir no futuro inmediato. Son: Manuel Gutiérrez, piano; Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo; e LAR Legido, batería.

Mércores 4 e 11 23h 1€
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- Crechas -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal