>> Iniciar Sesión  




+     

 


 



A Fundación 10 de Marzo presenta o Libro "SONATA DE AMIGOS", de Benedicto García Villar
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 10 / 12 / 08 )



NOVA ACTUALIZADA
“O vindeiro venres 12 de decembro, ás 19.30 horas, presentarase no Salón de
Actos da Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19; Santiago de Compostela) o
libro de “Sonata de amigos”, de Benedicto García Villar, editado por Edicións
Xerais de Galicia en colaboración coa Fundación 10 de Marzo

Tomarán a palabra Manuel Bragado, director xeral de Edicións Xerais de Galicia,
Víctor Santidrián, director da Fundación 10 de Marzo, Emilio Pérez Touriño,
presidente da Xunta de Galicia, e o autor, Benedicto García Villar. Durante o acto
Marcos Teira interpretará unha peza musical”.



Benedicto (García Villar)
Naceu en 1947, en Santiago de Compostela. Estudante antifranquista que
coñeceu o 68 compostelán, fundador de Voces Ceibes, compañeiro de José
Afonso, cantor con tres discos ás súas costas (Eu son a voz do pobo, Pola unión,
O nome das cousas), militante comunista contra a ditadura, mestre vocacional,
sindicalista, animador de mil causas, amigo dos seus amigos… Son aspectos moi
variados dunha traxectoria vital que se pode resumir nun sinxelo título: cidadán por
un mundo máis xusto.

Sonata de amigos
“Non está de máis botar unha ollada serena para atrás. Iso pretendín con estas
notas, subxectivas e apaixoadas ata o tormento, das que o único responsable é
quen isto escribe, que exerce libérrimo o dereito da memoria, conscientemente
selectiva e neuroticamente teimuda”. Son as palabras coas que Benedicto (García
Villar), un dos fundadores de Voces Ceibes, presenta Sonata de amigos.
Benedicto abre ao lector a intimidade da súa memoria cunha mirada ao pasado
que busca, como cada un dos pasos dados polo autor ao longo da súa vida,
contribuír á mellora do presente.
Nas páxinas deste volume Benedicto rememora as súas orixes familiares, que o
unen para sempre a Santiago de Compostela, cidade universitaria onde viviu a
revolta estudantil de 1968, orixe dos variopintos compromisos cívicos do autor:
dende a loita antifranquista ata a construcción do sindicalismo democrático; dende
a música entendida como instrumento de intervención social ata o ensino como
palanca de transformación; dende o uso da palabra escrita ata a reivindicación da
amizade como elementos dun mundo máis humano.
Por Sonata de amigos desfilan acontecementos e personaxes claves da nosa
historia. Sen eles tanto a historia recente de Galicia como o noso presente serían
distintos.




NOVAS RELACIONADAS:



"Sonata de amigos", as memorias de Benedicto
http://www.xornal.com/article.php?sid=20081208170659


“Edicións Xerais” presentará un libro de lembranzas do que fora membro das “Voces Ceibes”


O venres día, 12 de decembro, ás 19:30 horas, no salón da Fundación Caixa Galicia de Santiago, será presentado “Sonata de amigos”, o libro de memorias do músico Benedicto García Villar, membro de “Voces Ceibes”.

Na presentación acompañarán ao autor, Emilio Pérez Touriño, presidente da Xunta; Víctor Santidrián, director da Fundación 10 de marzo e Manuel Bragado, director de Xerais. O músico Marcos Teira interpretará un tema.

“Non está de máis botar unha ollada serena para atrás. Iso pretendín con estas notas, subxectivas e apaixonadas até o tormento, das que o único responsable é quen isto escribe, que exerce libérrimo o dereito da memoria, conscientemente selectiva e neuroticamente teimuda”. Estas son as palabras coas que Benedicto (García Villar), un dos fundadores de “Voces Ceibes”, presenta “Sonata de amigos”. Benedicto abre ao lector a intimidade da súa memoria cunha mirada ao pasado que busca, como cada un dos pasos dados polo artista ao longo da súa vida, contribuír á mellora do presente.

Nas páxinas deste volume Benedicto rememora as súas orixes familiares, que o unen para sempre a Santiago de Compostela, cidade universitaria onde viviu a revolta estudantil de 1968, orixe dos variopintos compromisos cívicos do autor: dende a loita antifranquista ate a construción do sindicalismo democrático; dende a música entendida como instrumento de intervención social até o ensino como palanca de transformación; dende o uso da palabra escrita até a reivindicación da amizade como elementos dun mundo máis humano.

Por “Sonata de amigos” desfilan acontecementos e personaxes claves da nosa historia. Sen eles tanto a historia recente de Galicia como o actual presente serían distintos.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal