>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

XXVIII Homenaxe ao Gaiteiro en Vigo

(ultima actualización: 30 / 10 / 15 )





Sábado, 31 de outubro ás 19:30


Desde o Grupo Etnográfico 'A Buxaina', en colaboración co Centro Cultural e Recreativo de Coruxo, compracémonos un ano máis en presentar a Homenaxe ó Gaiteiro, que acada xa a súa XXVIII edición, no auditorio 'A Fundación' (situado no Teatro García Barbón), o día 31 de outubro ás 19:30 da tarde.

O obxectivo deste encontro é homenaxear e poñer en valor a aquelas persoas que, de xeito altruísta, souberon conservar e transmitir a sabedoría do noso baile e música tradicionais. Trátase, xa que logo, de apreciar a quen soubo atesourar a identidade dun pobo. Para isto, desta volta contaremos coa presenza de Concha de Luneda e dos gaiteiros Constante de Valiña, Modesto de Murias e Desiderio de Vilarmide.

Ademáis, esta ocasión ha estar adubiada co saber facer de Davide Salvado, quen nos vai amosar o seu traballo dos derradeiros anos, e dos Contracocheno, un cuarteto de gaiteiros ó xeito daqueles que amenizaban as festas do patrón e os torreiros do país. A guía da tarde corresponde a María Lado, espelida dona da palabra.

A venda de entradas realizaráse no devandito Centro Cultural de Coruxo nos días do 19 ó 24 de outubro en horario de 20:00 a 22:00 h para socios co prezo doazón de 3?, e co mesmo horario, nos días do 26 ó 30 para os non socios, 5? de prezo doazón.

¡Esperámosvos!














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal