>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

III XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA (As Pontes)

(ultima actualización: 16 / 10 / 15 )





Sábado, 17 de outubro ás 10:00
As Pontes De Garcia Rodriguez,

III XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA - 17 OUTUBRO 2015
Inscripción enviando os teus datos de contacto e obradoiro no que te inscribes a xornadaferoz@gmail.com

OBRADOIRO DE CONSTRUCCIÓN DE PANDEIRO CADRADO - 60 €/alumno
Impartido por Xosé Maceda, percusionista do grupo Quempallou. Vencellado a música dende neno, achégase a percusión tradicional da man de xente recoñecida como Luis Prego, Chuco Estévez, X.L. Romero.
Na actualidade é mestre de baile e percusión tradicional da Escola Municipal de Música do Concello da Pobra do Brollón.
O obradoiro vai dirixido a calquera persoa interesada na elaboración dun pandeiro, e non se precisa ningunha formación previa. O monitor é o encargado de traer o material e as ferramentas necesarias. O obxectivo deste obradoiro é coñecer e aplicar as técnicas básicas para a construción dun pandeiro tradicional de pel cosido a man. Os participantes levaranse, ó remate do curso, o instrumento que eles elaboren.
Organízanse dous grupos: un de 10:00 a 14:00 hs.; e outro de 16:00 a 20:00

OBRADOIRO DE BAILE GALEGO
Iniciación ó baile galego para adultos: 15 €/alumno. Horario: 10:00 a 14:00 hs.
Recursos para o baile galego: 20€/alumno. Horario: 16:00 a 20:00 hs.
Impartido por Ismael García, bailador formado polo saber de Tito Iglesias, Olga Kirk e Pablo Díaz, é na actualidade mestre de baile nas agrupacións AX Regueifa, AC Aires de Sigrás e AC Trubisquiña de Vimianzo.
Na súa traxectoria ten recibido numerosos premios e recoñecementos, ós últimos deles como subcampeón do concurso Punta Tacón da TVG (2013); 1º premio no Certame de Baile Tradicional por parellas organizado por AC Queiroa de Sada (2014); e 3º premio co grupo Donaire ó que pertence no XXXV Concurso de Baile Tradicional Xacarandina.

OBRADOIRO DE GAITA - 35€/alumno
Horario 10:00-14:00 e 16:00-20:00. Un único grupo.
Impartido por David Bellas, Titulado Profesional en gaita de fol e Titulado Superior en Instrumentos da Música Tradicional e Popular Galega con matricula de honra.
Na actualidade é profesor no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, director musical da escola e grupo o Son do Sor e profesor de vento madeira na Banda de Municipal de Música de Viveiro.
É membro dos grupos Projecto de Foles, Matamá Ensemble e Cuarteto "O Chupacabras".
Unha parte moi importante da súa actividade musical está centrada na creación de material tanto didáctico como artístico para unha nova linguaxe do instrumento, sendo moitas das súas obras temario obrigado nos principais conservatorios galegos, tanto na modalidade de gaita como na de conxunto ou música de cámara.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal