>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Outubro '15 nas Crechas (Compostela)

(ultima actualización: 28 / 9 / 15 )






PROGRAMACIÓN DO MES DE OUTUBRO 2015

Xoves 1 (dous pases: 21h e 22.30h) 4€
NO ES PAÍS PARA COÑOS
Trata, desde a comedia e a crítica satírica, preocupacións femininas con respecto á saúde sexual, o embarazo, o aborto e as relacións amorosas. Pretende empoderar ás mulleres e facelas conscientes da súa sexualidade, os seus dereitos e mellorar a súa independencia emocional. Precisamente por isto, visibiliza aos eternos (eternas) actores (actrices) secundarios (secundarias) no mundo da cultura: as mulleres. Buscan achegar o feminismo a homes e mulleres de todas as idades, e sacalo do plano teórico ou do mal chamado “feminazismo”, utilizando situacións cotiás e unha boa dose de sentido de humor. Show creado e composto integramente por mulleres. Teatro feminista en clave de humor.

Domingo 4 ás 21h 5€
JURAJ DUFEK E MIROSLAVA DUFEKOVÁ (gaitas de Eslovaquia)
Juraj Dufek é un gaiteiro e construtor de gaitas de Eslovaquia. Compoñente de grupos folk eslovacos Keltieg, Safran, Banda, Folk and Bass Orchestra, tamén traballa co grupo nacional de baile e música tradicional (SLUK). Fundador da primeira banda de gaitas eslovacas, Spojené huky Slovenska (Roncónes Unidos de Eslovaquia). Neste concerto presentarán xunto coa súa esposa Miroslava unhas pequenas mostras da riqueza de música tradicional do seu país, do corazón de Europa. Música instrumental con varios tipos de gaitas, frautas e violín, cantos rituais e bailes populares.

Xoves 8 ás 21h 5€
ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS (RGMV)
Despois de recoller o Premio Galego dA Música á mellor banda galega Indie/Pop 2013, volven porse en mans dos produtores Manuel Colmxaneiro e Javibu Carretero para facer realidade o seu terceiro traballo: ‘OrdeN Invisible’. Unha colección de 12 cancións repletas de fermosas melodías, letras intelixentes e coidadas e cunha contundencia na súa manufactura final que o converten nun traballo dunha sinceridade abafadora. Concerto da Rede Galega de Música ao Vivo.


Venres 16 21h 7€/9€
HELENA GOCH
A valenciana Helena Sanchis-Guarner comezou a subir as súas cancións a Youtube cada semana e ían converténdose en vídeos virais. Así comezou todo o que deu lugar a ‘Little Tiny Blue Men’, o seu disco de debut, no que contou coa man sabia de Julio de la Rosa á produción e coa axuda de músicos como Jaime Olmedo (Havalina), Charlie Bautista (The Sunday Drivers, Tulsa), Jorge Fuertes (We Are Standard), Cecilio Santiago (Nudozurdo, Bandini) e Ángela Rubio (J.F. Sebastian).

Xoves 22 21h 5€
RED BEARD
Rede Beard presenta o seu novo EP ‘Nobody´s Gonna Bring Me Down’. Ademais de artistas poderíaselles considerar artesáns. A factura das súas cancións é excepcional. Escoitarlles é trasladarse directamente a Nashville, os Spaguetti Western ou as bandas sonoras de Ennio Morricone. Beben de Johnny Cash ou Blackberry Smoke pero, sobre todo, hai verdadeira paixón por facer as cousas ben.

Xoves 24 21h 7€
YUSA
Volve esta cantante e multiinstrumentista cubana, pero esta vez o seu show será mais jazzy, onde tamén convidará con cancións ao piano que se inundarán de bolero feeling e outras cores. Unha exquisita selección de músicas con sabor a jazz universal. Cancións ao piano, guitarra e voz, músicas de piano só, voces e algo de son cubano.


Martes 27 21h 6€
PEDRO PASTOR
Volve ás Crechas por terceira vez, xa independizado dos seus pais e despois dunha extensa xira por América presentando ‘La vida plena’. Pedro Pastor Guerra non naceu entre algodóns pero si entre notas musicais. Vénlle de familia, por iso non renuncia á palabra cantautor, aínda que a el chamáronlle cantautor rapero. O novo trobador madrileño pode pasearse comodamente entre a canción protesta, o amor, a rumba e o hip-hop.

Domingos 18 e 25 ás 20h 3€
DOMINGOS DE JAZZ CON SUMRRÁ
O trío de Jazz máis internacional de Compostela retoma a súa residencia dominical na Casa das Crechas. Sumrrá repasará a súa extensa discografía, e convertirá o mítico local Compostelano na factoría onde se testen as novas direccións a seguir no futuro inmediato. Son: Manuel Gutiérrez, piano; Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo; e LAR Legido, batería.

Mércores 7, 14, 21 e 28 23h 1€
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- Crechas -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal