
Sábado 3 de outubro ás 19:30
Coa realización do Festival de Cantareiras queremos celebrar unha festa en torno ao mundo da música tradicional. Pretendemos achegar á nosa contorna a representantes de todos os elementos e tendencias que conforman unha das fórmulas de expresión máis específicas da nosa cultura e, dende o ambiente festivo que se merece toda celebración, ofrecer a especialistas e profanos una mostra da ampla variedade de propostas existentes na actualidade.
Este ano celebramos o 30 aniversario da Asociación Cultural Mestura e quixemos ampliar o festival cunha foliada.
Este ano acompañarannos:
Festival:
Gritsanda (León) Os Carecos (Ortegal), Donas e Galáns (Ferrol), Cantareiros do Rumial (Campo das Cortes - Muros), Cantareiras Mestura (Meirás - Valdoviño).
Foliada:
Comezaremos cun obradoiro de baile tradicional, Vai rañala, meu (Ferrolterra), No Cómbaro (As Pontes), Lume nas ferreñas (Ferrolterra), despois dos grupos haberá foliada aberta.
O Festival conta con diversos rexistros que nos farán vibrar nunha tarde chea de sentimento como os máis puros con voces acompañadas de pandeiretas, latas, sachos..., e outros máis arroupados con acompañamentos de gaitas, acordeóns...
como chegar:
43°35'15.13" N 8°10'59.44" O
enderezo: lugar do longoiro, s/n meirás (valdoviño)
|