>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Toques do Caramulo en Bueu

(ultima actualización: 28 / 9 / 15 )





Domingo, 22 de novembro ás 20:00 no Aturuxo Bar


Concerto participante no programa Artistas en Ruta da AIE

Toques do Caramulo é o nome dun dos mellores grupos en vivo do folk portugués. A banda de seis membros conecta o son áspero e orixinal do centro de Portugal con arranxos contaxiosos, frescos e modernos. Ao facelo, achegan o seu saber facer como músicos renovando cancións parcialmente esquecidas, ás veces ironicamente interpretadas, pero sempre acompañadas dun gran respecto pola orixe e as tradicións do pobo da Serra do Caramulo, describindo a beleza da súa patria nas súas cancións. O resultado desta mestura creativa son obras de arte sensibles: nostálxicas, pero tamén descaradas e, por suposto, bailables!

Pero non só a habilidade musical fai a audiencia moverse. Toques do Caramulo impresiona particularmente por unha impoñente presenza no escenario, sobre todo polo seu líder Luís Fernandes. A súa enerxía e o seu devezo por tocar son as principais razóns do gran éxito desta inusual banda.

O público experimenta un espectáculo alegre, coa participación de maiores e pequenos. O resultado é máis ca un concerto. Ao final, a xente pode sentir, con perplexidade, que eran parte dunha actuación colectiva creada pola banda e o público.

Do atmosférico fondo musical son responsables unha variedade de instrumentos: acordeón, frauta, violín, guitarra acústica, contrabaixo, e diferentes tambores para o acompañamento rítmico. Cos 'Toques' estás a bailar, cantar, xogar e rie. Moita diversión rodeada de música vibrante. Un toque de Caramulo!















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- AturuxoBar -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal