
NOVO CURSO!!!!! Como cada setembro,os cativos comezan con novas andainas: uns comezan ao cole con 3 aniños,outros,xa pasao ao cole dos "maiores" nos cales son os máis pequechos,outros comezan na ESO pensando que xa son adultos,outros comezan as aventuras do bacharelato,outros están cos nervios a flor de pel por selectivo,mentras os que superaron a proba en xuño,xa están desgastando os codos nas bibliotecas. Pero non só comezan as clases...para moita xente comeza tamén a volta ao traballo. Se queres evadirte un pouco, pasar un rato agradable e de bo rollo deixando os problemas e os agobios na casa, A ASOCIACIÓN CULTURAL XARANDEIRA está aquí! ANÍMATE A FORMAR PARTE DESTA GRAN FAMILIA! Nós nunca descansamos,polo que estamos esperando que haxa novas incorporacións! Gústache bailar?Gústache cantar? Gústache tocar a pandeireta,a percusión ou a gaita? Temos profesores fantásticos que farán que os pequenos e os non tan pequenos o pasen ben á vez que aprenden. Válido a partires dos 3 anos.Os adultos...non teñades vergoña que aquí somos todos iguais e ó final,ninguén sabe máis que nadie! Preguntade sen compromiso! Podedes contactar connosco a través do teléfono,vía mail ou asistindo a algunha clase. Encontraredesnos os venres no ximnasio do CPI PONTECESURES a partires das 20:30 (ensaio dos máis pequenos), os martes ás 20:30 no CENTRO XUVENIL de Ponteceures e os sábados ás 15:00 tamén alí. Achégate a preguntar e a probar sen compromiso. A VERGOÑA QUEDA NA CASA!!
|