Historia dos cursos Gaita: Introducción á acústica: sons simples e complexos. • A serie de armónicos. • Temperamentos. • A afinación na gaita. o Os diferentes elementos sonoros. o Gaita sóa, dúos, etc. Baile tradicional: Ensino dos distintos tipos de ritmos nos bailes galegos e formas de bailar das distintas partes da xeografia galega.con montaxe de bailes.
Pandereta e canto: Ensino de pezas e formas de tocar das distintas partes da xeografia galega. Con montaxe de pezas.
Percusión tradicional: -Teoría musical. Sistemas de notación para percusión. -Clasificación dos instrumentos de percusión tradicionais galegos. -Afinación dos instrumentos de percusión. -Técnicas de agarre: francesa, alemana, americana e tradicional. -Golpes simples, golpes dobres e paradiddles. -Redobres: simple, dobre, triple e de presión. Redobre aberto vs. redobre pechado. -Articulación: acentos. -Dinámica e matiz. -Mordentes: flams, drags e outros mordentes. -Clasificación dos ritmos da música tradicional galega. -Aplicación de instrumentos de percusión non tradicionais na música galega.
CURSOS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL
A Asociación Sociocultural “Mestre Landín” comprácese en saudarlles e informarlles da súa recente creación no mes de outubro de 2.008, da man de D. Juan Tueros Calvar, coa vocación de formar novos músicos, especializados en instrumentos tradicionais, e a posterior creación dunha banda de gaitas que espalle a nosa cultura, tomando como referente a que algúns consideran a primeira banda de gaitas de Galicia, “Os de Marín”, constituida polo mestre D. Francisco Landín Pazos, de orixe marinense, alá polos anos 50. Esta Asociación comezou a impartir cursos anuais de iniciación e perfeccionamento á gaita, percusión tradicional e pandeireta, así como de lectura musical xa no mes de outubro, e quere aproveitar a ocasión para darlles a coñecer a organización dos seguintes CURSOS INTENSIVOS DE PERFECCIONAMENTO, levados a cabo por persoal especializado:
- Curso de percusión tradicional: impartido por D. Andrés Vilán, ex percusionista de Mercedes Peón e actualmente percusionista de “Pepe Vahamonde Grupo”, o día 28/12/2008, en horario de 11’00 a 13’00 e de 16’00 a 18’00. - Curso de pandeireta e canto: impartido por D. Luis Prego, compoñente do grupo de música tradicional “Ardentía”, o día 21/12/08, en horario de 11’00 a 13’30. - Curso de baile tradicional: impartido por Carlos Xosé, ex director de “Cantigas e agarimos” e actualmente xurado de “Baile, baile”, do programa Luar da TVG, o día 28/12/08, en horario de 11’00 a 13’00 e de 16’00 a 18’00. - Curso de Gaita: impartido por Iván Abal, profesor de gaita do Conservatorio Superior de Música de Ferrol, o día 21/12/08, en horario de 11’00 a 13’00 e de 16’00 a 18’00.
O prezo de cada un destes cursos será de 20 €, a súa realización estará condicionada á asistencia dun cupo mínimo de participantes e o prazo de inscrición remata o día 18/12/2008. No caso de estar interesadas/os, prégase pórse en contacto coa Asociación Sociocultural “Mestre Landín” polos seguintes canles:
- Teléfono móbil : 689.23.98.70 (Felipe) / 679.61.79.70 (Juan) - Enderezo electrónico : mestrelandin@hotmail.com
Sen outro particular, e coa esperanza de que fagan coñecedores destes cursos aos seus asociados/as, reciban unha afectuosa aperta do presidente da Asociación Sociocultural “Mestre Landín”: Asdo.: O presidente (Juan Tueros Calvar)
|