>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Asoc. Cult. Penaguda de Dena (Meaño) - Curso 2015/2016

(ultima actualización: 17 / 9 / 15 )





A Asoc. Cult. Penaguda organiza un ano máis os seus cursos de BAILE TRADICIONAL GALEGO e de GAITA e PERCUSIÓN. Os interesados poden inscribirse no Centro Social de Dena (Meaño) no seguinte horario:

-Para Baile Tradicional Galego: o xoves día 24 de Setembro de 18:00 a 19:00. Poden anotarse todos os nenos e nenas (e non tan nenos...) de 4 a 99 anos, dependendo dos grupos que se formen. (O prazo de inscrición pecharase a finais de Novembro).

-Para Gaita e Percusión: o venres 25 de Setembro de 19:00 a 21:00. Poden anotarse todas as persoas que o desexen de 8 a 99 anos.

Os cursos terán lugar no citado centro social. Para máis información sobre os cursos contacta con nosco a través do Facebook ou no seguinte teléfono: 633 334 170.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal