
Sábado, 12 de setembro ás 19:30 Plaza Euskal Herria (Legazpi)
Esta fin de semana o Grupo de Baile e Música Tradicional Airiños da Lagoa, participaremos na festa Agorreko Santikutzak, en Legazpi, onde este ano toma un punto galego. A nosa actuación será ás 19:30 h. na Praza Euskal Herria, pero durante todo o día haberá un stand de gastronomía galega onde se poderá degustar pulpo, empanada, lacón, chourizo, churrasco, tarta de Santiago, queixo de Arzúa, Ribeiro, Alvariño, etc., ademáis de facer a misteriosa e meiga queimada. Deixamos aquí enlace con tódolos actos do día 12 (a festa dura toda a fin de semana) http://www.legazpi.eus/es/agenda/ev...
|