
Xoves, 10 de setembro ás 20:00 Camiño do Castelo, 10 (tras da igrexa de Santo Estevo) Allariz
Unha vez máis convidámosvos a virdes participar nesta foliada onde tentamos crear un punto de encontro de xente á que nos présta pasar un anaco cantando, tocando e bailando. Xs compañeirxs do C.S. Cambalhota colaboran desta vez abrindo as portas do local para termos acceso a barra de bar, lavabo, cadeiras, etc. Traede as vosas gorxas e os vosos instrumentos e convidade xs vosxs amigxs. Esperámosvos!
Sacapunto é un nome novo... para un costume antigo na nosa cultura: unha xuntanza de veciñxs e amigxs que ten como obxectivo facer festa, gozar da compaña dxs amigxs e convidadxs a través da música popular (cantada ou tocada) e o baile que hoxe en día chamamos "tradicional" (muiñeira, xota, maneo, pasodobre, vals, rumba...). Nas foliadas todo o mundo está convidado a tocar, cantar e bailar en calquera momento. No caso concreto do baile (quizais, das que nomeamos, a tradición menos espallada ou conservada nesta nosa zona) aproveitamos para aprender pouco a pouco os puntos e as estructuras do baile tradicional a quen non os coñece, tentando que cada vez máis xente queira e poida apuntarse á festa tamén bailando.
|