>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 



Un inventario recollerá as danzas gremiais existentes na Galiza

Ver en Malmequer

(ultima actualizaci�n: 3 / 12 / 08 )



Unha representación da directiva da Asociación Galega de
Concellos con Danzas Brancas ou Gremiais reuníase esta semana en
Celanova na primeira reunión despois do acto de constitución oficial
celebrado o pasado mes de xullo na Cañiza (Pontevedra).


O presidente da asociación e alcalde de Celanova, Antonio Mouriño
Villar, presidiu un encontro no que se ultimou a tramitación para a
legalización da asociación dentro do rexistro de asociacións, así como
concretáronse os detalles do proxecto que presentarán á Consellería
de Cultura da Xunta de Galiza. Entre as principais actuacións do plan
que esperan entregar de forma oficial nunha entrevista persoal, cabo
destacar a realización dun primeiro inventario básico de todas as
danzas gremiais que se conservan en Galicia, independientemente de
que os seus concellos estean ou non, integrados na asociación.

O inventario, que será realizado pola comisión de traballo que
integran representantes municipais e das asociacións de danzas, será
a primeira das iniciativas que se levarán a cabo no seo da asociación
composta por unha veintena de concellos de toda Galiza, entre eles
dez ourensanos.

Distincións honoríficas

Ao longo dos próximos meses, a Asociación Galega de Concellos con
Danzas Brancas ou Gremiais, proxecta a concesión de distincións
honoríficas de recoñecemento anual a aqueles axentes activos, xa
sexan promotores, danzantes, músicos, estudiosos ou etnógrafos que
contribúan en favor dos seus bailes respectivos. A intención da
asociación é que estes galardóns se entreguen durante un encontro
anual de Danzas Brancas ou Gremiais.

www.laregion.es














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal