
Queredes aprender a bailar? A tocar a pandeireta? Gaita? Percusión? Temos novidades, tamén o acordeón e ir a clase de teatro. En Donaire abrimos a información para as actividades do novo curso que comezará o 1 de outubro. Toda a información na nosa páxina web: www.acdonaire.com - Horarios: http://www.acdonaire.com/asociacion/escola/ - Información: http://www.acdonaire.com/socios/alta/ Se tedes dúbidas, podedes escribirnos en Facebook, por correo electrónico a info@acdonaire.com ou chamarnos ó 677644339. Para o novo curso, unha dose de música e baile tradicionais!
|